Albergue Peregrinos Carral

Este camiño de peregrinación a Santiago é a ruta máis corta e práctica para os procedentes do Oeste e Norte de Europa que tomaban porto en Galicia. O Camiño Inglés ten dúas variantes: unha que parte dende Ferrol e a outra que comeza na Igrexa de Santiago en A Coruña. Ámbalas dúas únense nun único treito en As Travesas.

A que transcorre por Carral vén dende a cidade herculina e percorre este municipio en dous traxectos. O primeiro iníciase en A Lameira circulando por carretera asfaltada, por Corpo Santo, Sergude e Cañás. Atoparemos polo camiño unha área de descanso en A Lameira, o albergue de peregrinos de Sergude, o río Brexa, arquitectura típica da zona e fermosas paisaxes.

Abandónase Carral para adentrarse en Sarandóns (municipio de Abegondo) e contemplar a fermosa fachada da casa na que pasou noite Felipe II en 1554, para volver a Carral no Peito de Beira, onde nos agarda unha forte pendente.

Durante o ascenso podemos contemplar unha vista panorámica das Rías de A Coruña, Ares e Ferrol. Cruzamos a carretera C-542 para circular por un camiño que nos leva a Bruma en As Travesas, onde moi preto do camiño contamos con outra área de descanso.

Podemos facer estos recorridos camiñando, a cabalo ou en bicicleta de montaña.

Albergue de Sergude

Ubicación: 43.246396, -8.345585

Número de prazas: 30

Prazas en liteira: 30

Tipo de habitacións: comúns

Tempada de apertura: todo o ano

Horario de admisión: 13:00 a 22:00 h

Enlace relacionado: http://www.xacobeo.es

Este camiño comeza na ubicación: 43.253812, -8.354792

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta