O Concello de Carral prepárase para un verán cheo de actividades culturais, deportivas e xuvenís para todos os públicos. A oferta conta con preto de 30 propostas que se levarán a cabo ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto. O edil das áreas de Cultura, Deportes e Xuventude, Francisco Bello, sinala que o obxectivo do programa “é seguir apostando pola promoción da cultura e o deporte, ofrecendo alternativas de lecer para todos os públicos”.

O deporte terá un gran peso dentro do calendario estival da man das seguintes iniciativas: os campus de fútbol e balonmán da U.D. Carral (do 27 de xuño ao 1 de xullo e do 4 ao 8 de xullo, respectivamente), do XVIII Torneo de Tiro Olímpico (9 de xullo e 13 de agosto), do Torneo de Pádel x Parellas (do 11 de xullo ao 24 de setembro), do campus de ximnasia rítmica (do 27 de xuño ao 1 de xullo), dos cursos de natación, do Torneo de Fútbol Sala 4×4 (13 e 14 de xullo), dos cursos de ioga (do 8 de agosto ao 2 de setembro), da celebración da I Copa Galicia XCM Carral V Ruta BTT Carral (21 de agosto), da ruta a cabalo do 20 de agosto e do X Torneo de Xadrez de Verán (27 de agosto).

A través da OMIX, está prevista a realización de varias excursión: a primeira, ao Aquapark de Cerceda (29 de junio), a segunda ao Galipark (20 de xullo) e unha última ao Mar-Eando (9-10 e 11 de agosto).

A programación de verán suporá tamén a volta do programa “Culturúa”, con proxeccións de filmes ao aire libre, espectáculos na rúa e música. A iniciativa arrincará o 15 de xullo, ás 18.00 horas, no Campo da Feira co espectáculo ‘Só’ e continuará o 22 de xullo coa proxección de Cuñados (Campo da Feira, ás 22.30 horas). O 30 de agosto (Campo da Feira, 18.00 horas) será a quenda do espectáculo Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo e o día 1 (Campo da Feira, ás 22.00 horas) levarase a cabo a proxección de A Galiña Turuleca. As dúas últimas accións chegarán da man do ciclo de Músicas Íntimas, con concertos a cargo de O Camaleón musical-Volando libre (3 de setembro, ás 22.00 horas) e de Iria Mejuto, do grupo Black (4 de setembro, ás 22.00 horas). En ambos casos, as actuacións musicais serán na piscina municipal de Carral.

Actividades de conciliación

Ao longo de toda a época estival levaranse a cabo tamén os campamentos urbanos de verán en diferentes quendas: primeiro irán os campamentos deportivos (27 de xuño ao 15 de xullo), a continuación os English sport camp (18 de xullo ao 5 de agosto) e, por último, os campamentos sobre Medio Ambiente (do 8 de agosto ao 2 de setembro).

Festa do Verán en Familia

A II Festa do Verán en Familia forma parte tamén do calendario de verán. Será o 9 de xullo na área recreativa da Brexa e, ao longo do día, haberá xogos e inchables para os nenos e nenas, xantar e actuacións musicais. A inscrición pode realizarse ata o 6 de xullo no teléfono 674 793 475.

O prazo de inscrición nestes cursiños estará aberto ata o 30 de xuño ou ata completar as prazas Read more

Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas para a primeira semana dos campamentos deportivos municipais (1ª Semana: 27 de xuño ao 1 de xullo)

LISTAS ADMITIDOS-EXCLUÍDOS

Páxina 1 Páxina 2Páxina 3Páxina 4Páxina 5

 

TR349F axudas a autonomos pola contratacion indefinida

 

Por decreto da alcaldía do 17 de xuño de 2022 resolveuse iniciar a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol).

Só poderán presentarse ao procedemento de selección os/as candidatos/as remitidos pola oficina de emprego de Monelos trala oferta realizada segundo os requisitos do programa Aprol rural 2022.

Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo de dous días hábiles para a presentación de instancias que rematará o día 22 de xuño, incluído.

bases

 

Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 150 abonados e ao redor de 2.800 bañistas. Read more

Información da convocatoria premendo aquí.

O Concello de Carral informa aos veciños e veciñas das medidas de cara á celebración de San Xoán 2022:
  • Non se permite a realización de fogueiras en espazos públicos que non estean habilitados.
  • Para a realización de fogueiras en espazos privados así como grelladas en locais de hostalaría deberase presentar unha comunicación previa ao Concello de Carral presencialmente ou a través do correo electrónico maria.couto@carral.es ou cubrindo o furmulario a disposición na páxina web.
  • A comunicación será válida exclusivamente para a realización de fogueiras na noite do 23 ao 24 de xuño e non exime da responsabilidade por por neglixencias ou incumprimento da lexislación vixente de aplicación.

Coincidindo co 25 aniversario do Premio de Poesía, a Casa da Cultura de Carral acollerá mañá, xoves 9 de xuño, a xornada ‘Os certames de poesía como motores dunha literatura propia’. A proposta, organizada pola Deputación da Coruña e en colaboración co Concello, está englobada dentro do ciclo provincial ‘A Cultura é un Dereito’. A actividade contará coa presenza do alcalde, Javier Gestal, do deputado de Cultura, Xurxo Couto, e do concelleiro de Cultura de Carral, Francisco Bello. Con esta accción búscase reunir a editores e editoras, entidades convocantes de certames e autores/as gañadores de diversos premios e poesía de Galicia.

O programa da xornada comezará arredor das 10.30 horas coa inauguración e coa presentación do estudo ‘Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias actuais’, a cargo do técnico de Cultura de Carral e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Carlos Lorenzo. Tanto ás 11.30 como ás 13.00 horas, está prevista a celebración de dúas mesas redondas. A primeira será sobre editoriais (‘A edición de poesía premiada’) e a segunda sobre autores e autoras galardoados (‘Chámome poeta e preséntome a concursos’).

A quenda de tarde comezará coa presentación dos Premios de Poesía do Concello de Carral e o Miguel González Garcés da Deputación da Coruña (ás 16.00 horas), e continuará coa conferencia ’25 anos da poesía galega’ a cargo de Yolanda Castaño (16.30 horas). A xornada rematará coa mesa redonda sobre ‘O futuro dos premios de poesía’ (17.15 horas).

Tras a clausura, terá lugar o concerto ‘Treides comigo!’ de Xoán Curiel na piscina municipal de Carral.

 

O 29 DE XUÑO A OMIX LEVATE Ó AQUAPARK

Coma ven sendo habitual, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza una excursión ó Aquapark de Cerceda para o mércores 29 de xuño.

A saída farémola desde o local Interxeracional ás 11:30 h. e regresaremos ao mesmo lugar ás 19:30 h.

Para anotarte a esta actividade para rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos deberás enviar por correo electrónico a omix@carral.es, ou por whatsapp ó 674.793.475, a autorización que poderás atopar, aquí na mesma web, así coma no Facebook e no Instagram da omix_carral.

A excursión ten un custo de 8 euros pero avisarémoste do pago. Aínda que o prazo é ata o 27 de xuño, non te retrases, xa que as prazas son limitadas.

Xa para o propio día, as indicación que vos damos e que levedes a comida, protección solar, toalla, gorra e sandalias.