Feira CarralHai que salientar como acto festivo de recoñecida admiración na bisbarra, a “Queima do Panteón”, que consiste nunha sesión de lumes de artificio, na que se utiliza unha estrutura que simula o monumento dos Mártires. Esta sesión é a que pón fin cada ano ás Festas do Socorro.

Ademais destas conmemoracións de orixe relixiosa, Carral ofrece tamén outros festexos de carácter gastronómico ou temático. O máis antigo é a Festa da Empanada, que se leva a cabo dentro do programa de festas da Virxe do Socorro en Carral. Esta festa ofrece ós participantes a posibilidade de degustar as diferentes variables deste produto gastronómico con tradición no municipio.

A Festa do Pan é máis recente, e celébrase no mes de maio. Nun ambiente de xolda e diversión, os panadeiros carraleses ofrecen o afamado Pan de Carral.
Outra algueirada gastronómica é o magosto popular que se leva a cabo no Campo da Feira no mes de outubro.

Tamén son recentes, mais cun grande éxito de visitantes, algunhas feiras temáticas. Dende fai uns anos quérense recuperar as feiras nas que se vendían produtos que escasean cada vez máis hoxe en día. Son exemplos das mesmas, a feira do queixo en abril, a feira do burro e a do cabalo. Estas feiras, que se fan coincidir coas do último domingo de mes, recupéranse coa intención de recordar e non deixar no olvido estos tradicionais eventos comerciais típicos de Carral.

Hoxe en día, estas feiras son algo máis que un espazo de compra-venda, xa que se complementan con actividades lúdicas e musicais.

As feiras de Carral, nas que é posible comprar produtos locais, froitas, verduras e legumes, embutidos, roupa, ou ferramenta agrícola entre outras moitas mercadurías, realízanse os días 4, 13 e o último domingo de cada mes.

Todas as parroquias celebran o seu festexos na honra dos seus patróns. As festas principais son as seguintes:

LugarFestasDías
BeiraRomaría de Santa Rita22 de maio
BeiraSanta MariñaPróximo ó 18 de xullo
BeiraSan Roque das TravesasÚltimo domingo de agosto
BeiraAs NevesDomingo máis próximo ó 5 de agosto
CañásSanta EulaliaPrimeiro fin de semana de agosto
CarralFestas do Socorro8 de setembro
CarralFesta da EmpanadaPróximo ó 8 de setembro
CarralFesta de San Estevo26 de decembro
QuembreSan BuenaventuraPróximo ó 14 de xullo
San VicenteFestas de Santa Lucia e San VicentePrimeiro domingo de setembro
SergudeRomaría de San XiaioÚltimo sábado de xaneiro
SúmioSan Pedro Pequeno22 de febreiro
SúmioFesta e Romaría de San Pedro Grande28 e 29 de xuño
SúmioFestas de Santiago Apóstol25 de xullo
TabeaioFestas de Santa IsabelPrimeira semana de xullo
TabeaioSan Martiño11 de novembro