XA SE PODEN ANOTAR GRUPOS PARA A XUNTANZA DE PALILLEIRAS DE CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral xa ten en marcha a organización dunha nova  Xuntanza de Palilleiras de Carral, que neste ano acada a súa oitava edición. O eventoCartel web VIII Xuntanza Palilleiras 2016 terá lugar o sábado 22 de outubro no pavillón deportivo de Espiño.

Xa está aberto o prazo para que grupos de palilleiras poidan anotarse para participar na xuntanza. Ao igual que en anos anteriores, agárdase que asistan colectivos de toda Galicia e incluso de Asturias e Castela e León. A inscrición é de balde e pode realizarse a través do teléfono 981 672 580 ou do correo electrónico cultura@carral.es.

A Xuntanza de Palilleiras de Carral é un evento no que se pode gozar dos traballos e técnicas que desenvolven as participantes, ademais de ter a oportunidade de mercar nos postos de venda os variados produtos que ofrecen, das diversas exposicións, das ilusións do Mago Martín Camiña e de actuacións folclóricas.