XA SE PODE DESCARGAR DE BALDE O LIBRO DE FOTOS ANTIGAS DE CARRAL

A páxina web do Concello de Carral, carral.es, ofrece desde o pasado sábado a posibilidade de descargar de balde o libro Fotos para as mil historias de Carral, que foi presentado polo alcalde e o técnico de Cultura municipal nun acto que se desenvolveu no edificio social Toñito Espiñeira.

O libro en formato pdf pódese descargar desde a zona de Cultura da web municipal. Existen tamén exemplares impresos que se distribúen de balde na Casa da Cultura, á que poden acudir as persoas que desexen contar cun exemplar.

A presentación do libro contou con dous actos. No primeiro estiveron convidados as persoas e entidades que cederon fotografías ao arquivo fotográfico municipal para poder confeccionar exposicións e libros; e un segundo acto aberto ao público en xeral.

Os intervenientes salientaron a importancia de salvagardar este patrimonio e de difundilo. Quixeron tamén render homenaxe a José Gestal García “Cardoña”, xa que a meirande parte das fotografías do libro presentado foron tiradas por este fotógrafo de Carral.

Presentación libro Fotos Mil Historias Carral - 21w

Carlos Lorenzo e José Luis Fernández Mouriño

Presentación libro Fotos Mil Historias Carral - 12wPersoas que cederon fotos para o arquivo fotográfico