VEN A SILLEDA PARK COA OMIX DE CARRAL!

posted in: Sin categoría | 0

O parque de atracción de Silleda Park, está situado no recinto ferial de Silleda, e nel os nenos e nenas poderán gozar de moitas e moi diversas atraccións tantas veces como queiran, desde autos de choque ata o saltamontes ou inchables, ademáis de espectáculos e actuacións.
Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos esta excursión para o vindeiro día 4 de xaneiro, mércores, para rapaces e rapazas de 8 a 15 anos, que poderán levar a súa propia merenda.
Sairemos da Casa da Cultura as 15:15 h. e o regreso será ás 21:30 h.
O prezo é de 4 euros, e se desexas inscribirte podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura. As prazas son limitadas

Cartel (Imaxe)