UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE AGRÍCOLAS DESPRAZARASE AO CONCELLO DE CARRAL DO 14 AO 18 DE OUTUBRO

Dende o Concello de Carral informamos de que, do 14 ao 18 de outubro, permanecerá no noso municipio unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas, situado no Polígono Industrial, xunto ao Punto Limpo.

O horario de dita instalación será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Todas as persoas interesadas poden solicitar a súa cita previa no 902 30 90 00 ou a través da web: www.sycitv.com.

Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no 981 67 00 02.