TRINKETRINKE TEATRO PRESENTA UN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Continuando coa programación de contacontos, o próximo xoves 26 de xaneiro na Biblioteca Pública Municipal, os ratiños de Trinketrinke Teatro presentarán a obra “ Os ratiños daOs ratiños da caixa - Carral - WEB caixa”.

O Rato Fuco trae á biblioteca nunha caixa os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e tenos que coidar, pero non é doado!.

Os contos escollidos nesta ocasión son: Contos de ratiños de  Arnold Lobel (Kalandraka, 1999) e Sopa de rato de Arnold Lobel (Kalandraka, 2004).

Será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) ás 18:00 horas. Entrada libre.