TÉCNICO EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS: CONTRATACIÓN DO CANDIDATO CON MAIOR PUNTUACIÓN

Por decreto da alcaldía 537/2021, do 03 de decembro de 2021, resolveuse a contratación do candidato con maior puntuación acadada no procedemento de selección para a contratación dun técnico en materias medioambientais así como a formación da bolsa prevista nas bases logo da desestimación da única alegación presentada no prazo establecido ao efecto.

 

Este acto pon fin á vía administrativa e as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición perante a alcaldía deste Concello no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano e no prazo indicado na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Modelo Decreto (1)