Tag Archive for: sve

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai uns anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), e co de Malta, no que un mozo ou moza, poderá realizar un servizo de voluntariado nalgunha destas localidades, por un período de 6 meses, entre setembro de 2019 e marzo de 2020.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona este programa de voluntariado, o vindeiro xoves 13 de xuño, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa no Local da Xuventude, na que explicaremos en que consiste este proxecto, cales son as condicion do voluntariado, o aloxamento, a manutencion, etc. e responderemos a todas as dubidas que poidades ter.
Se estás interesado/a, pásate!

Cartel (Imaxe)

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai dous anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas de Carral, poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), que denominamos EVS Carral: Enjoy volunteering!” no que un mozo ou moza de Carral, poderá realizar un servizo de voluntariado nesta localidade italiana, por un período de 6 meses, entre abril e outubro.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona o programa de voluntariado europeo Erasmus+, o vindeiro martes 28 de marzo, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa na Casa da Cultura.
Se estás interesado/a en coñecer que é o SVE, así coma o novo proxecto “EVS Carral: Enjoy volunteering!” chama ó 981.67.25.80 ou pásate pola Casa da Cultura.

Nova sesión informativa

La OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvuelve desde hace dos años proyectos de voluntariado europeo, para que jóvenes de Carral, puedan realizar un voluntariado en algún país de la Unión Europea.
En esta ocasión estamos desenvolviendo un proyecto conjunto con el Ayuntamiento de Prato (Italia), en el que un o una joven de Carral, podrán realizar un servicio de voluntariado en esta localidad italiana, por un período de 6 meses, entre abril y octubre.
Para explicar el proyecto y para saber como funciona el programa de voluntariado europeo Erasmus+, el próximo martes 28 de marzo, a partir de las 19:00 h. llevaremos a cabo una sesión informativa en la Casa de la Cultura.
Si estás interesado/a en acudir llama al 981.67.25.80 o pásate por la Casa de la Cultura.

Nova sesión informativa

A OMIX leva un  tempo traballando nun programa novedoso no concello, o programa ERASMUS+. Este programa que pretende fomentar a mobilidade entre a mocidade, así coma a aprendizaxe en diferentes ámbitos, como a educacion, a formacion o deporte ou a xuventude.

EVS CARRAL: Let´s experience volunteering!, é o nome do proxecto co que a OMIX de Carral, se involucra neste programa, sendo unha das pouco mais de cinco oficinas municipais de información xuvenil de toda Galicia, que se acolle ó SVE (servicio de voluntariado europeo) do programa ERASMMUS+.

Carral coma impulsor de este proxecto enviou unha voluntaria e un voluntario a Italia, concretamente ó Concello de Prato (IT), ademais de outra voluntaria ó Concello de Slupsk (PO). Así mesmo recibiu a unha voluntaria de Italia e a outra de Polonia. Este proxecto financiado o 100% pola Comision Europea, desenvolverase entre setembro de 2015 e marzo de 2016, temp no que os/as voluntarios/as, realizaran diferentes tarefas dentro dos respectivos concellos, e no que disporán de todos os gastos pagados, tanto o aloxamento coma a manutención, e incluso unhos cartos de peto.

Desde o Concello de Carral, desexamos a todos/as os/as voluntarios/as que pasen a mellor e mais proveitosa estancia posible.