Tag Archive for: OMIX

Máis de 20 participantes percorreron este sábado parte do noso Concello.

Esta actividade, organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) que se enmarca dentro do programa “Patea Carral” e que pretende descubrir e poner en alza o valor natural e patrimonial do noso concello, levou a un grupo de veciñas e veciños por distintas parroquias do noso municipio.

Comenzamos no centro da vila e adentramonos no veciño concello de Abegondo hacia a parroquia de Veira por fermosos sendeiros, ata chegar os coñecidos muiños da Costa da Égoa, zona que o concello adecentou hai poucas datas.

Seguimos despois pola beira do río Barces pasando por lugares practicamente descoñecidos pola maioria das/os participantes ata atoparnos coa igrexa de Santiago de Sumio. Desde alí encaramos o regreso ó campo da feira, pasando polo pazo de Vilasuso e pola parroquia de Quembre.

Un total de 17 km, que aínda que en ocasións foron duros, podemos afirmar que foron moi satisfactorios, por unhas ou outras razóns, para todas e todos os que participaron nesta actividade.

Participantes de Patea Carral nos muiños da Costa da Égoa

Quizais algúns ou algunhas de vos non o recordaredes pero Humor Amarelo era un programa de televisión nos que os/as participantes intentaban superar probas  de axilidade e habilidade.

Pois desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha saída a estas instalacións, para a mocidade de entre 8 e 17 anos.

Será o día 29 de setembro, saíndo desde o local Interxeracional (r/ Alcalde Juan Seijas, nº8, enfronte ó CEIP Vicente Otero Valcarcel) ás 16:30 e regresando ó mesmo lugar ás 20:00 h.

O prezo e de 10 €, e tes ata o 24 de setembro para anotarte, para o que deberás enviarnos a autorización da nai/pai por whatsapp ó 674.793.475, ou por correo electrónico a omix@carral.es.

Importante:

  • Recomendase levar roupa comoda e outra para cambiarse.
  • Avisaremosvos de cando teñades que facer o pago.
  • Se o tempo non acompaña cambiarase a actividade para outro día.


Unha vez máis a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza un roteiro de “Patea Carral”, nesta ocasións polos muíños da Costa da Égoa.

O 25 de setembro, sábado, realizaremos esta andaina desde o centro do pobo ata os muíños, pasando por diferentes parroquias, ata chegar a este fermoso paisaxe que temos no noso concello.

A actividade organizada para maiores de 13 anos, comezará desde o campo da feira as 9:30 h. ata chegar os muíños onde poderemos ver estas 14 construcións nas que, desde o século XVIII, as xentes do noso municipio e de outros limítrofes acudían para moer o gran co que despois farían o noso prezado produto, o pan. Aproximadamente 15 km, facendo que este roteiro teña unha dificultade media-moderada. O regreso será ó campo da feira sobre as 14:30.

Para participar nesta actividade, gratuíta, deberas remitirnos por whatsapp ó 674.793.475 ou ó correo electrónico omix@carral.es a folla de inscrición ou autorización no caso de menores de idade. O prazo para facelo é ata o 22 de setembro.

Recomendase levar calzado axeitado, auga, algo para comer e viseira no caso de que faga bo tempo, ou chuvasqueiro no caso de que chova.

A OMIX (oficina municipal de informacion xuvenil) botache unha man, se o precisas, para solicitar as axudas para obter o permiso de conducir! (Clase B e clase C).

O 13 de agosto saiu esta convocatoria, e os requisitos para solicitala son:

– Estar inscrito/a no SNGX (Sitema Nacional de Garantia Xuvenil.

– Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.

– Levar empadroado/a en Galicia mínimo un ano.

– Estar matriculado/a nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

A solicitude deberás presentala a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal, co DNI electrónico ou ca Chave 365. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.(13 agosto 2021).

#https://www.xunta.gal/…/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html

O sábado, 30 participantes pateamos o tramo do camiño inglés que transcorre polo noso concello.

Realizamos un bonito percorrido por diferentes parroquias do noso concello durante case 4 horas que nos levou realizar o roteiro.

Foron máis de 12 km que nos levaron por lugares destacados do noso municipio como a área de descanso de A Lameira, ou polo albergue de peregrinos/as de Sergude, onde fixemos a correspondente parada para comer algo e tomar folgos.

Durante practicamente todo o roteiro contamos coa colaboración de protección civil de Carral, que nos axudou nos tramos máis complexos ou perigosos, xa que algunhas partes do percorrido, cruzaba vías con circulación de vehículos. Pero o realmente importante foi a satisfacción coa que os/as participantes e nos, os organizadores, rematamos esta actividade que sen dúbida nos encantou.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza nesta ocasión un novo roteiro, concretamente unha parte do camiño inglés que transcorre polo noso concello. A actividade que se realizará o día 14 de agosto, sábado, comezará ás 9:30 h. e a saída será desde o campo da feira. O regreso está programado no mesmo lugar sobre as 14:00 h.

Organizada para maiores de 13 anos, para participar e imprescindible anotarse. Para elo, tes que enviar a ficha de inscricción e/ou autorización por correo electrónico a omix@carral.es ou por whatsapp ó 674.793.475.

Serán un total de 13 km, e a dificultade e baixa. Debes levar calzado axeitado, auga, algo de comer e unha viseira.

O prazo para anotarse remata o 11 de agosto.

Despois de ter que aprazar a actividade para hoxe e de que o ano pasado non poidemos organizar esta excursión, voltamos a Cerceda a pasar o día no Aquapark.
A pesar de que o día comezou algo nubrado, e do verán que estamos a ter, foi aparecendo o sol por momentos e quedou unha tarde xeitosa para que as nenas e nenos aproveitaran o dia.
A piscina de ondas, o jacuzzi, o Roaller Coaster ou o multipistas, foron algunhas das atraccións das que puideron gozar.

O sábado pasado un grupo de 20 persoas realizamos unha variante do roteiro mariñán PR-G 101, organizado pola OMIX.

Ás 9:30 horas desde o campo da feira comezamos esta andaina que nos levou toda a maña e que nos fixo pasar por lugares do noso municipio que moitas e moitos das/os participantes descoñecían.

Lugares tan característicos e representativos do noso concello coma San Pedro de Rubieiro, onde paramos para coller folgos e repoñer forzas tras a dura subida a esta capela, os muíños da Costa da Égoa, e tamén por varias parroquias como Herves, Barcia ou Quembre, onde puidemos ver varios pazos e fontes, patrimonio e historia de Carral, e acompañados por protección civil, que nos axudou en determinadas situación e sempre que o precisamos.

Foi un roteiro bastante duro, que nos levou mais de catro horas realizar pero que o final mereceu moito a pena, e coa sorte de que o tempo nos acompañou.

Este fin de semana realizouse o Obradoiro de arte urbana organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil). Nesta actividade os participantes, puideron aprender a realizar pintura mural tanto con sprays coma con pintura plástica.

A cooperativa cultural 7H, impartiu este curso que se levou a cabo o venres e o sábado, e que tivo unha duración de 20 h.

Os mozos aprenderon primeiro, nocións básicas de arte urbana, para despois plasmar nunha parede, ao lado do Local interxeracional, todas esas ideas. Esperamosvos para a próxima!

O pasado martes rematou a exposición “9 meses, 9 causas”, que se organizou desde o CEIP Vicente Otero Valcarcel, e coa que colaborou o Concello de Carral, a través da OMIX (oficina municipal de información xuvenil).

Durante unha semana, entre o 15 e o 22 de xuño, preto de 250 persoas pasaron polo Local Interxeracional para ver os traballos que as rapazas e rapaces de Carral fixeron para esta exposición sobre o medio ambiente.

Os micro plásticos, as abellas, a contaminación do mar ou incluso os xabóns artesanais, foron algunhas das temáticas que o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcarcel tratou nesta exposición que se puido ver no local e que esperamos que, pola gran acollida que tivo, póidase repetir no vindeiro curso escolar.