Tag Archive for: Imaxes de Carral

A Casa da Cultura de Carral estrea unha nova vitrina en honor a Cardoña, o fotógrafo do municipio durante décadas

A Casa da Cultura de Carral loce, desde esta mañá, un novo espazo para o recordo. En concreto, trátase dunha vitrina dedicada a José Gestal, popularmente coñecido como Cardoña, o fotógrafo do municipio durante décadas. O Concello organizou hoxe o acto inaugural deste escaparate que alberga parte do equipo fotográfico co que Cardoña retratou ao concello e aos seus veciños. Este espazo recolle, ademais, unha breve biografía de José Gestal.

A CASA DA CULTURA DE CARRAL ESTREA UNHA NOVA VITRINA EN HONRA A CARDOÑA, O FOTÓGRAFO DO MUNICIPIO

A vitrina contén material fotográfico de José Gestal

 

Ao acto acudiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Cultura, Participación e Voluntariado, Margarita Ramilo Varela, e familiares de Gestal.

A CASA DA CULTURA DE CARRAL ESTREA UNHA NOVA VITRINA EN HONRA A CARDOÑA, O FOTÓGRAFO DO MUNICIPIO

No acto estiveron presentes o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e a filla de José Gestal, Matilde Gestal

 

Durante a inauguración, Fernández Mouriño apuntou o papel que as instantáneas de Cardoña xogaron no día a día dos carraleses: “Todos vos veciños coñecen a Cardoña, e seguro que a maioría ten algunha dás súas fotos gardada”. De feito, o arquivo fotográfico de José Gestal impulsou o nacemento do proxecto Fotos para as mil historias de Carral, que forma parte do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural.

A filla de Cardoña, Matilde Gestal, agradeceu a intención do Concello por manter vivo o legado do seu pai: ” Síntome moi orgullosa de poder gozar desta fermosa vitrina. Ver todo este material tráeme moi bos recordos”, comentou con emoción durante o acto.