Tag Archive for: cruceiros

Cruceiro de Paleo 10wA Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Universidade de Santiago, ven de publicar na páxina web municipal unha guía sobre os cruceiros de Carral.

A guía, elaborada por Guillermo Alcalde Souto, Pablo Mosquera García e Carlos Lorenzo Pérez, ofrece información dos cruceiros de Tabeaio, Sergude, Cañás, os dous de San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio, Rubieiro, Beira e As Travesas. A publicación dá detalles da súa localización e das principais características construtivas e artísticas, engadindo múltiples fotografías. Ademais, a guía ofrece unha descrición xenérica dos cruceiros e do significado que se lles outorgan na cultura galega.

Este documento é produto da colaboración que ven mantendo o departamento municipal de Cultura e a facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, consistente no acollemento de alumnado en prácticas dos últimos cursos dos graos de Historia e Historia do Arte, desenvolvendo proxectos dirixidos polo técnico municipal de Cultura encamiñados á investigación e recuperación do patrimonio inmaterial e histórico.

A guía dos cruceiros de Carral pódese descargar no apartado de Cultura da páxina carral.es.