Tag Archive for: Cerceda

Como non podía ser doutro xeito, este ano e coma todos estes últimos anos, dende a OMIX organizouse a excursión o Aquapark de Cerceda na que 50 nenas e nenos aproveitaron o solleiro día de onte para divertirse no Aquapark.

Foi un día completo, xa que estivemos nas instalacións acuáticas desde que abriron ás 12 da maña ata casi o seu peche. Os/as participantes, puideron empregar todas as atraccións, non sen decir que o Aquapark de Cerceda estaba ateigado de xente polo magnífico día que nos acompañou, de feito este luns foi un dos días máis calurosos dos que levamos no ano.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 17 anos, e é unhas das de maior éxito das que se realizan desde a oficina municipal de información xuvenil, xa que non só se ocuparon as 50 prazas dispoñibles, senon que houbo mesmo reservas.

 

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza para o luns 29 de xuño, unha excursión ó aquapark de Cerceda

Para esta excursión, a que poderán ir nenos e nenas entre os 8 e 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, tamén á Casa da Cultura, ás 19:30 h. O prezo e de 8 €, e o prazo de inscrición remata o 25 de xuño.

As prazas son limitadas, así que non quedes sen a túa!

Débese levar a comida, así coma protección solar, gorra e chancletas.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, pasarte pola Casa da Cultura ou a través do correo electrónico en omix@concellocarral.com.