Tag Archive for: carral

7041recA Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta o vindeiro domingo o espectáculo de teatro de rúa Saaabor!, da compañía Culturactiva. É o espectáculo que estaba previsto para levarse a cabo na programación das Festas do Socorro, pero que por enfermidade dun dos seus actores non se puido realizar.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

A función comezará ás 18:00 h. no Campo da Feira. Se as condicións meteorolóxicas non son as axeitadas, o espectáculo realizarase no Edificio Social Toñito Espiñeira.

Saaabor! é un espectáculo incluído en Cultura no Camiño, que promove AGADIC cos concellos polos que transcorren os camiños de Santiago.

As Concellerías de Deportes, Cultura,  Educación e Servizos Sociais ofertan case 50 actividades para este novo curso. Read more

A Concellería de Cultura do Concello de Carral comunica que por mor de enfermidade dun dos actores do espectáculo Saaabor!, previsto para o sábado 7 de setembro, a función adiase ao domingo 29 de setembro.FranRei_02_baixa

No seu lugar este sábado ás 18:00 h. no Campo da Feira terá lugar o espectáculo A HISTORIA DE BRANCAFLOR. Nesta montaxe Fran Rei achégase á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

O departamento municipal de Cultura pide desculpas polas molestias que poida ocasionar este cambio.

 

A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para Cultura nas Festas Socorro 2019.esta semana.

O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A función comezará ás 18:00 h. con entrada libre e aforo limitado.

O venres á mesma hora, no Campo da Feira diante da Casa do Concello, Pakolas ofrecerá un espectáculo con cancións dirixidas a público infantil. No mesmo emprazamento e á mesma hora, o sábado chega Culturactiva cunha comedia gastronómica titulada Saaabor!, protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez.

O domingo remata esta programación cultural cun concerto do grupo galego The Cerne, interpretando clásicos do rock, do soul e do blues. A actuación comezará ás 19:00 h. no Campo da Feira.

Para facer posible esta programación, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Agadic e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

O departamento de Cultura convida a todos e todas a gozar das festas e das diversas manifestacións culturais que nelas teñen cabida.

Flyer imprenta Músicas Íntimas Carral 2019 - trazado.A cuarta edición do ciclo Músicas Íntimas trae a próxima fin de semana os concertos de Silvia Penide, que actuará o sábado e presentará os temas do seu terceiro disco El Efecto Boomerang, e o veterano cantautor galego César Morán que actuará en formato trío na noite do domingo.

Un total de 55 nenos e nenas participaron das clases que se impartiron durante o mes de agosto. Read more

Cartel Noite de Película 2019 trazadoO Campo da Feira de Carral volve ser o lugar que acolla as proxeccións do programa Noite de Película que organiza o departamento municipal de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña.

Serán catros os filmes que se presentarán, sendo dous deles de produción galega:

  • Lobos sucios: xoves 29 de agosto
  • Peter Rabbit: venres 30 de agosto
  • La sombra de la ley: luns 2 de setembro
  • Campeones: martes 3 de setembro

Todas as proxeccións serán ás 22:00 h. e o acceso para o público é de balde.

No caso de meteoroloxía desfavorable, as películas exhibiranse no edificio social Toñito Espiñeira.

Recoméndase aos pais prestar atención ás idades recomendadas para cada filme.

 

 

O corredor do club Ciclista Betanzos revalida por terceiro ano a camisola de campión desta 8ª edición. Read more

O docente da escola municipal de Fotografía de Carral, Cándido Díaz, ofrece un curso dun día facendo paseos fotográficos por Carral.

A actividade, que se realizará en dúas ocasións o 13 de xullo e o 3 de agosto, desenvolverase por lugares como a Costa da Egua, San Pedro de Rubieiro e polo río Barcés. Esta dirixida a afeccionados de todos os niveis e ten un prezo por alumno de 20 €.

Para máis información e inscrición as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral.

Este curso forma parte dunha serie de accións formativas relacionadas coa fotografía nas que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

cartel roteiros fotograficos_w