Tag Archive for: Campaña Comercio

Campaña de Comercio Dálle Vida a Carral

Os galardóns materializaranse en bonos por importe de 30 euros que as persoas gañadoras poderán utilizar nos establecementos do municipio.

Esta nova edición bateu un récord de participación, con 104 negocios e comercios adheridos.

Despois das grandes cifras de asistencia cultivadas no I Concurso de Tapas ‘Carral, con moito gusto’, o equipo de goberno segue impulsando medidas que sirvan para promover a economía local. Baixo esta premisa, o goberno iniciou hoxe, xoves 12 de decembro, a Campaña de Comercio ‘Dálle vida a Carral’, unha medida coa que se busca potenciar as compras nos negocios e locais do municipio. O programa, que nesta edición repartirá 3.000 euros en premios, suscitou un gran interese no tecido comercial carralés. Tanto é así, que a Campaña de Comercio bateu un récord en cifras de participación, con 104 negocios e comercios adheridos.

A Campaña finalizará o 6 de xaneiro, e como broche final, entregaranse numerosos galardóns: un 1º premio de 600 euros, catro premios de 150 euros, nove por importe de 90 euros, 12 premios de 60 euros e, por último, 13 premios de 30 euros. Como novidade con respecto a outros anos, os agasallos de ‘Dálle vida a Carral’ materializaranse en bonos por importe de 30 euros que se poderán utilizar nos locais adheridos ao programa.

 

Campaña de Comercio Dálle Vida a Carral

Cartel da Campaña de Comercio ‘Dálle Vida a Carral’