Tag Archive for: Antolín Faraldo

Neste ano 2022 estase a conmemorar o bicentenario do nacemento en Betanzos de Antolín Faraldo, un dos pais da Revolución de 1846 que rematou co fusilamento dos coñecidos como Mártires de Carral. Por mor da efeméride, a editora Alvarellos ven de publicar o libro “Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento”, do que é autor Xurxo Martínez.

A Casa da Cultura acollerá o sábado 28 de maio, ás 12:30 h, a presentación do libro, na que intervirán, ademais do autor, o concelleiro de Cultura, Fran Bello, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o editor Henrique Alvarellos. O acto servirá tamén que as persoas interesadas poidan adquirir o libro e que lle sexa dedicado polo autor.