SETE MULLERES VINCULADAS A CARRAL DISPÚTANSE O PREMIO 8 DE MARZO

O novo equipo de goberno do Concello de Carral puxo en marcha o Premio 8 de marzo, unha iniciativa que suscitou un gran interese entre os carraleses e carralesas. Tanto é así, que nesta primeira edición do certame presentáronse un total de sete candidaturas de mulleres vinculadas ao municipio. O broche de ouro do Premio será este domingo, 8 de marzo ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Carral. Ese día, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, realizarase unha homenaxe en recoñecemento á elixida.

Durante o prazo de inscrición, os veciños e veciñas, asociacións e entidades rexistradas no Rexistro Municipal do Concello de Carral puideron presentar como candidata a calquera muller vinculada ao municipio –xa fora por nacemento ou por vinculación persoal, laboral ou profesional-. Agora, o xurado deberá elixir á gañadora do recoñecemento. Ao non poderse constituír o Consello da Muller de Carral, o tribunal estará composto pola concelleira de Igualdade, por un ou unha representante de cada grupo político presentado nas últimas eleccións e por unha das traballadoras sociais do Concello.

Tal e como explican desde o goberno local, as candidatas ao Premio pertencen a sectores laborais diferenciados. Ademais, algunhas das candidaturas están vinculadas a mulleres que yan faleceron, pero outras son de carralesas que seguen en activo a día de hoxe.

O goberno local iniciou esta medida para conseguir varios obxectivos: por unha banda, visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres do municipio e, polo outro, promover o seu empoderamento. Desde o goberno sinalan “ou gran interese que esta convocatoria tivo entre vos carraleses e carralesas” e animan a todos os veciños e veciñas a “asistir ao acto de recoñcemento do domingo”.