SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DO CONCELLO DE CARRAL

Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral, dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno co obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.