RECOMENDACIÓNS PARA RECICLAR ESTE NADAL

posted in: Novas Concello | 0

Para coidar do noso planeta é importante seguir a regra das tres R: reduce, recicla e reutiliza.

Isto hai que aplicalo durante todo o ano, pero aínda máis no Nadal, posto que se trata da época do ano que máis residuos se producen por causa das comidas, regalos, envoltorios e demais.

  • CONTEDOR AZUL

Deposita: Papel e caixas de cartón, envases de alimentación, caixas de calzado, produtos conxelados, papel de envolver, papel de uso diario, etc.

Non deposites: Briks, deben ir ao contedor amarelo, porque está composto no solo por cartón, senón tamén de plástico e aluminio. Panos de mesa e papel de cociña usado ao contedor de residuos orgánicos. Cueiros ou compresas ao contedor de restos.

  • CONTEDOR VERDE

Deposita: Botellas de vidro de licores, viño, cava, cervexa, etc. Frascos de perfume, colonia, cremas, etc. Tarros de alimentos de marmelada conservas, vexetais e similares.

Non deposites: Lámpadas, espellos, cinceiros, vasos ou vaixelas. Deben ir ao punto limpo.

  • CONTEDOR MARRÓN (ORGÁNICO)

Deposita: Os restos de alimentos como peles de froitas, espiñas de peixe, plantas, cáscaras de ovo ou pousos; panos de mesa e papel de cociña usados, poden facerse compostas.

Non deposites: Restos non orgánicos como obxectos de cerámica, cueiros, cabichas, gomas, toallas húmidas, area para mascotas, pelo, po, etc.

  • CONTEDOR AMARELO

Deposita: Botellas e envases de plástico, productos de hixiene e limpeza, terrinas, bandexas, envoltorios e bolsas, botellas con tapas e tapóns. Envases metálicos, latas, bandexas de aluminio, aerosois, botes de desodorizante, tapas e tapóns metálicos. Briks de leite, zumes, sopas, etc. Envases de madeira, caixas de froitas e verduras. Envases de cerámica, de yogures, cuajadas, natillas, etc.

Non deposites: Xoguetes de plástico. Papa Noel e os Reis Magos traerannos moitos xoguetes. Os vellos as veces quedan esquecidos nun armario, existen organizacións que os recollen con fins sociais.

Lembra que existe un Punto Limpo no Polígono de Os Capelos onde se pode depositar calquer obxecto doméstico. Ademais, existe un servizo de recollida os mércores. Se tes algo que tirar e avisas ao Concello os martes ou o día anterior, esa misma noite poderás deixalo no contedor máis cercano para que ao seguinte día pasen a recollelo.

Todos os días da semana de feira sitúase no Campo da Feira un mini punto limpo para poder depositar pilas, móbiles, lámpadas e outros residuos que non deben ir nos contedores.
Hai colectores para depositar aceite usado na Rúa O Castro, Uxío Novoneira e Manuel Ferrol. Non se debe tirar polo inodoro nin polo lavabo. Ataca as tubaxes e provoca problemas de funcionamento nas depuradoras

Nestas datas, ademais, para decorar a nosa casa, podemos crear os nosos propios adornos con materiais que tiraríamos.

Aquí poñemos fotos para que vos deades algunha idea, pero é cuestión de deixar voar a imaxinación.

Consulta toda a información da Campaña de Reciclaxe en Nadal aquí.