OS REIS MAGOS REPITEN A SÚA CITA E PERCORRERÁN TODAS AS PARROQUÍAS

posted in: Novas Concello | 0
  •  O Concello apalabrou a cita coas Súas Maxestades de Oriente para este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 15.30 horas.

Carral, 3 de xaneiro de 2023. Os Reis Magos repiten, este ano, a súa tradicional cita en Carral, ofrecendo un percorrido por todas as parroquias do municipio. As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao concello este xoves, 5 de xaneiro, cunha premisa clara: recoller os desexos de todos os nenos e nenas.

O percorrido dos Reis Magos incluirá as seguintes paradas:

  • O Xalo: 15.30 horas
  • Cabrois: 15.45 horas
  • Quembre: 16.00 horas
  • Tabeaio: 16.20 horas
  •  Barcia: 16.30 horas
  •  Gosende: 16.50 horas
  •  A Cabra: 17.00 horas
  •  Sergude: 17.15 horas
  • O Canedo: 17.30 horas
  • San Vicente de Vigo: 17.45 horas
  • As Travesas: 18.00 horas
  • Cañás: 18.15 horas
  •  Veira: 18.30 horas
  • Carral: 19.00 horas

Os horarios do percorrido son orientativos. En todo caso, a última parada do tour real será no Campo da Feira de Carral onde, desde as 18.00 horas, os cativos e cativas poderán gozar de xogos, de animación e, ademais, degustar o Roscón de Reis con chocolate.