Este vindeiro domingo 28 de agosto de 2016, no Campo da Feira do concello de Carral, ás 19 horas, sesión de contacontos “O zapateiro e o raposo” enmarcada no programa “Culturea, cultura e lingua no verán” da Xunta de Galicia.
O zapateiro e o raposo é unha actividade destinada ao público de todas as idades, nomeadamente ao familiar, que pon de novo en valor a oralidade en lingua galega e achega nunha escenificación baixo carpa os lances máis divertidos dos protagonistas da nova saga do zapateiro.
(Se chove a actividade trasladarase ao centro social de uso administrativo Toñito Espiñeira).