O LOCAL INTERXERACIONAL DE CARRAL VOLVE ABRIR AS SÚAS PORTAS TRAS O PARÓN POLA COVID-19

posted in: Novas Concello | 0

Tras o parón pola covid-19, o Local Interxeracional abriu de novo as súas portas esta semana. A instalación, sita na rúa Alcalde Juan Seijas, funciona como punto de encontro e como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

A dependencia conta con dúas plantas e con alternativas de lecer para os veciños e veciñas de todas as idades. Deste xeito, o espazo dispón de televisións, xogos de mesa, futbolín, mesa de ping pong, etc. A maiores, hai unha sala con ordenadores e proxector para a realización de posibles cursos, obradoiros e para facer traballos O piso de abaixo conta, así mesmo, cunha sala de reunións que está á disposición das entidades e clubs que estean no Rexistro de Asociacións do Concello.

O Local Interxeracional é, ademais, o lugar onde se levan a cabo as sesións do Servizo de Atención Temperá compartido entre os Concellos de Carral, Abegondo e Bergondo. A instalación funciona de luns a venres de 16.30 a 20.30 horas.