O GRUPO DE TEATRO CHARAMUSCA DE CARRAL OFRECE UNHA NOVA OBRA EN TABEAIO

imagen2667A compañía carralesa de teatro afeccionado Charamusca, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, vai representar a obra “Máis amantes” no local Xente Nova de Tabeaio, o domingo 12 de abril, ás 19:30 h.

A obra divídese en tres sketches cun nexo común e con moito humor.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.