O ESPECTÁCULO DE MONICREQUES “A CASA DO AVÓ” PRESÉNTASE EN TABEAIO

Foto vertical 'La Casa del Abuelo'webA Concellería de Cultura presenta en Tabeaio á compañía de monicreques Tanxarina representando “A casa do avó”, un espectáculo distinguido como mellor obra infantil do 2015 nos Premios María Casares de Teatro.

Roberto, protagonista da obra, recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

A entrada é de balde, A función terá lugar o sábado 20 de febreiro no local Xente Nova; comezará ás 18:00 h e abriranse as portas ao público dez minutos antes. Prégase puntualidade para evitar molestias aos espectadores.