O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS PARA ACONDICIONAR A ZONA DE APARCADOIRO ANEXA AO CAMPO DA FEIRA

posted in: Novas Concello | 0

O Concello iniciou, esta mañá, o proxecto para mellorar e acondicionar a zona de aparcamento anexa ao Campo da Feira. Precisamente, debido á execución destes traballos, o acceso a esta área de estacionamento estará cortado ata que conclúan os labores.

Sempre que as condicións climatolóxicas o permitan, a previsión é que estas obras finalicen nos próximos días.

A área, situada en pleno núcleo urbano e a escasos metros do Concello, está moi concorrida. Con todo, o firme é irregular e presenta varias fochas. O proxecto do Concello permitirá reordenar o tráfico neste punto, renovando o firme e creando novas zonas axardinadas para delimitar as prazas de aparcamento.