O CONCELLO INICIA A DEMOLICIÓN DO ANTIGO BAR PRIMAVERA COA VISTA POSTA NA CREACIÓN DUN NOVO ESPAZO PÚBLICO

posted in: Novas Concello | 0

O Concello iniciou, esta mesma mañá, o proceso de demolición do antigo Bar Primavera. O arranque destas intervencións busca cumprir varios obxectivos: por unha banda, a mellora da seguridade viaria no núcleo urbano e, polo outro, a creación dun novo espazo público para uso e desfrute dos veciños e veciñas.

O alcalde, Javier Gestal, sinala que o inicio destas actuacións “suporá unha importante mellora nas condicións de seguridade e accesibilidade nesta zona, moi concorrida ao longo de todo o día”. Precisamente, o derrubamento desta construción resolverá a situación de estreitamento existente neste punto na actualidade.

O proxecto incluirá, non só a demolición do propio edificio, senón tamén a ampliación das beirarrúas e a creación dunha nova zona axardinada. Desta forma, ao reforzo da seguridade viaria hai que sumar, ademais, a disposición dun novo espazo de lecer para a cidadanía.