O CONCELLO E OS PANADEIROS PREVÉN DESPACHAR UNS 8.000 BOCADILLOS CARDIOSAUDABLES NA XVIII FESTA DO PAN

posted in: Novas Concello | 0

Carral exaltará, ao longo da fin de semana, un dos seus produtos estrela: o seu pan. Farao coa celebración da XVIII Festa do Pan, organizada polo Concello e pola Asociación de Panadeiros. A Casa do Concello acolleu, esta mañá, a presentación da décimo-oitava edición, un acto no que estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, os concelleiros do goberno e representantes das panaderías participantes: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Da Cunha, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería Mercedes, Panadería O Pincho, Panadería Paraíso, Panadería Pedro Fernández e Panadería Insua. Tanto o equipo de goberno como os propios artesáns encaran a celebración con “ilusión” e coa previsión de alcanzar unha cifra histórica: a de 8.000 bocadillos cardiosaludables vendidos na fin de semana.
Á venda e exaltación deste produto hai que sumar, ademais, a feira medieval, así como outra das propostas que solicitan unha maior aceptación na festa: os obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas. Estas actividades realizaranse tanto o sábado, 7 de maio, como o domingo, día 8. Outra das grandes atraccións da feira será, sen dúbida, o clásico bocadillo cardiosaludable, elaborado a base de tomate, xamón serrano, aceite e, por suposto, pan de Carral.
O programa do sábado incluirá a actuación da charanga Noroeste, que interpretará temas durante todo o día, e a realización de talleres de xogos tradicionais a cargo de ACNUR e doutros artístico-lúdicos e de olaría. Todas as actividades para os pequenos e pequenas comezarán ás 16.30 horas. Ás 17.00 horas está prevista a exposición dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel e a organización do primeiro pase do espectáculo de animación ‘O circo’. O pregón terá lugar ás 21.00 horas e, ás 21.30 horas, a orquestra Claxxon pechará a xornada cun concerto.
A segunda e última xornada do programa arrincará o domingo, ás 11.00 horas, co inicio da exposición e venda de pan e do bocadillo cardiosaludable e cos obradoiros para os pequenos. A esa hora levarase a cabo tamén unha exhibición de cetrería e, ademais, a charanga Alambique poralle o toque musical á mañá. Ás 12.30 horas está prevista a misa solemne e, ás 14.00 horas, a sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. A oferta para os nenos e nenas retomarase en horario de tarde, a partir das 16.30 horas. A Asociación de Baile ‘O Rueiro’ de Tabeaio actuará ás 17.00 horas e, a continuación, o público asistente poderá gozar do espectáculo de animación ‘Bufóns e Trobadores’. O evento pecharase ás 20.00 horas coa música da orquestra Miramar.
Durante a presentación, o rexedor agradeceu “a enorme implicación e esforzo que os panadeiros realizan ao longo destes días, nos que ademais do traballo habitual nos seus obradoiros hai que sumar o que fan na Festa do Pan”.