O COMPLEXO DEPORTIVO DE CARRAL CUMPRE 8 ANOS

A instalación deportiva celebra o seu oitavo aniversario con promocións e melloras no equipamento.

Folleto Promoción gimnasio 2019_reducidoO 6 de febreiro, o complexo deportivo de Carral cumpre 8 anos, e para celebralo a concellería de deportes realizará diferentes promocións e melloras no equipamento.

Desde a súa construción, esta instalación deportiva foi ideada para que os habitantes de Carral dispuxesen dun lugar adecuado para a práctica do deporte e do exercicio físico saudable próximo ás súas casas. Este complexo deportivo conta cun ximnasio (cunha zona de traballo  cardio, outra de  tonificación muscular localizada e outra de  musculación e peso libre), unha zona de Spa (con baño turco, duchas de contrastes, jacuzzi ou piscina climatizada), unha sala de multiusos na que se imparten actividades dirixidas gratuítas para os socios (GAP,  tonificación,  strechinq,  circuit  T,  Aereostep,  Aerobox, etc.),  pilates, ioga,  judo infantil, etc., e tamén dúas piscina de verán, pistas de pádel, un parque  biosaludable e unha pista  multideportiva…., en total máis de 2.000  m2 adicados á práctica do deporte e o acondicionamento físico.

O horario de funcionamento da instalación é de luns a venres de 9.00  h a 15.00  h e de 16.30  h a 23.00  h., e os sábados de 10.00  h a 13.00  h.

Actualmente son máis de 500 os socios da instalación, que poden facelo na modalidade individual (20 €), familiar (26 €), só ximnasio (17 €) ou só spa (17 €). Ademais, os menores de idade ou xubilados tamén teñen unha bonificación nos prezos. Este mes de febreiro o complexo deportivo cumpre o seu oitavo aniversario e, desde a concellería de deportes, lanzouse unha importante promoción de captación de socios: durante o mes de febreiro, os novos socios  NON PAGARÁN A TAXA DA MATRÍCULA. Ademais, a aqueles socios que traian a un amigo, regalaráselles unha cota mensual.

 

Actividades e melloras no equipamento.

A sala de actividades é unha das áreas do complexo pola que máis usuarios pasan (preto de 400 persoas á semana). Nela durante a semana levan a cabo clases de  judo infantil (20 alumnos), Ioga (40 alumnos (2 grupos)),  Pilates (5 grupos de 20 alumnos),  Zumba Infantil (15 alumnos), clases de danza e preparación física, ximnasia  e actividades para socios como  Aerobox,  Step,  Body  Tonic,  GAP,  Circuit  T., baile  aeróbico, etc.

Ademais, nas próximas semanas ampliarase o equipamento de peso libre e  musculación do ximnasio.

Para todos aqueles interesados ou que desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no  tifo. 981672580 ou ao  mail deportes@carral.es.