NOVAS SESIÓNS DO PROGRAMA ‘COIDADOS PORTA A PORTA’

O Concello de Carral contará este ano con novas sesións do programa ‘Coidados porta a porta’ da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión o equipo encargado de prestar estes servizos de atención a persoas maiores estará en Carral os días 27 e 28 de abril e o 2 e 3 de maio; dúas xornadas máis con respecto ao ano pasado.

‘Coidados porta a porta’ é unha iniciativa posta en marcha para a veciñanza de máis idade que reside no rural e así poder previr a súa dependencia. Durante as sesións prestaranse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Proximamente ofreceremos máis información sobre o programa, así como os horarios dispoñibles para a veciñanza de Carral e a forma de poder acudir a estes servizos.