MAR-E ANDO, OS CURSOS DE ACTIVIDADES MARÍTIMAS DA OMIX.

posted in: Sin categoría | 0

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos os días 9, 10 e 11 de agosto dous cursos de actividades marítimas.

Dentro do programa MAR-E ANDO, durante tres días poderedes aprender vela, paddel surf ou kayak. Esta actividade está programada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos.

A saída a realizaremos desde o local Interxeracional, ás 8:45 h. e o regreso ó mesmo lugar ás 14:15 h.

O prezo son 50 euros polos tres dias, as prazas limitadas e o prazo para anotarse é do 1 ó 5 de agosto.

A autorización podes atopala, na web do concello (www.carral.es), no Facebook (omix carral) ou no noso Instagram (@omix_carral). E tes que enviala por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es. ou entregala na OMIX (Local Interxeracional, rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non fagas o pago ata que che confirmemos a praza.