INFRAESTRUTURAS AGRARIAS CALCULA QUE O 100% DAS FINCAS DA PARCELARIA DE SAN VICENTE ESTARÁN REXISTRADAS EN MARZO

O alcalde de Carral, Javier Gestal, mantivo unha reunión coa xefa de servizo de Infraestruturas Agrarias para abordar a situación actual da parcelaria de San Vicente de Vigo. Durante o encontro, o rexedor preguntou polo estado no que se atopa este proceso actualmente. Segundo os cálculos do organismo, o 100% das leiras estarán entregadas aos propietarios no mes de marzo.

Segundo a información proporcionada ao alcalde, o 80% das parcelas xa están rexistradas e listas para entregar aos donos. Con todo, a intención é completar o proceso co 20% das parcelas restantes para facer a entrega.

Se algún veciño ou veciña require información sobre unha parcela, pode solicitar unha nota simple acudindo presencialmente ao Rexistro da Propiedade ou a través da páxina web do organismo.