INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE A REALIZACIÓN DE CACHARELAS EN SAN XOÁN

De acordo coa Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia, deberase presentar comunicación previa ao Concello para a realización de cacharelas na festividade de San Xoán.

Esta comunicación previa só será para espazos privados. Non se dará autorización para fogueiras en espazos públicos.

Isto estará suxeito ás condicións legais relacionadas co estado de alarma e demais medidas sanitarias relacionadas co COVID-19 vixentes no momento.

Os veciños e veciñas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral no teléfono 678 33 88 96.