EXCURSIÓN Ó AQUAPARK

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza para o luns 29 de xuño, unha excursión ó aquapark de Cerceda

Para esta excursión, a que poderán ir nenos e nenas entre os 8 e 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, tamén á Casa da Cultura, ás 19:30 h. O prezo e de 8 €, e o prazo de inscrición remata o 25 de xuño.

As prazas son limitadas, así que non quedes sen a túa!

Débese levar a comida, así coma protección solar, gorra e chancletas.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, pasarte pola Casa da Cultura ou a través do correo electrónico en omix@concellocarral.com.