O xogador coruñés, fíxose coa primeira posición nunha apertada última rolda.

Un ano máis e dentro da programación municipal de verán, o Concello de Carral organizou o pasado sábado 27 de agosto a 7ª edición do torneo de xadrez de verán.
O torneo, que se disputou na biblioteca municipal, reuniu a 28 xogadores afeccionados a este deporte. Constou de 6 roldas, en partidas de 10 minutos cun incremento de 3 segundos por xogador. Os participantes dividíronse en 5 categorías (sub-10, sub 12, sub-14, absoluto e mellor local). A competición deu comezo sobre as 17.00 h e finalizou contorna ás 20.00 h, momento no concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos aos gañadores.
Os campións desta 7º edición do torneo de xadrez de verán de Carral foron:

Categ. Absoluta
1º- Emilio Sánchez Ferreira
2º -José Fernández Otero
3º– Luís Edison Patiño López
Categ. Sub 16:
1º– Daniel González Eirís
2º– Roque Bouzas Santiso
3º– Marcos Martínez Fernández
Categ. Sub 12:
1º– Nicolás Domínguez Souto
3º– Artai Duarte Prieto
Categ. Sub 10:
1º– Samuel Barreiro Suárez
2º– Alejandro Rama Rodríguez
3º– Antón Iglesias de Santiago
Categoría Mellor Local:
1º– David Regueiro Rojas
Clausura de cursos de verán.
Por outra banda, ao longo da semana que entra, a concellería de deportes de Carral clausurará os diversos cursos que se foron realizando ao longo do mes de agosto. En primeiro lugar, o mércores pecharanse os cursos de natación deste mes nos que 40 os nenos e nenas aprenderon e/ou perfeccionado as súas habilidades no medio acuático durante este mes. No peche da actividade realizarase a entrega de medallas e diplomas a todos os cursillistas a cardo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira.
Por último o xoves clausurarase o curso de bailes latinos, no que 14 parellas da localidade aprenderon os pasos básicos de diferentes ritmos latinos. Esta actividade impartiuse no complexo deportivo durante o mes de agosto cunha periodicidade de dúas horas á semana.
