DO PINCHO E COSTA DA EGOA CONQUISTAN O III CONCURSO TAPEANDO CARRAL

  • Co seu “brioburguer de lacón”, Do Pincho conquistou o galardón popular.
  • Costa da Egoa fixo o propio co seu “petisco dos muíños”, levando o galardón dos expertos.

O III concurso de tapas Tapeando Carral concluíu xa deixando un bo sabor de boca aos gañadores desta edición: Do Pincho e Costa da Egoa. Por unha banda, coa súa elaboración ‘brioburguer de lacón’, Do Pincho conquistou o galardón popular. Costa da Egoa fixo o propio co seu ‘petisco dos muíños’, facéndose co premio que outorgaba un xurado de expertos.

O acto de entrega dos recoñecementos desta edición tivo lugar onte no salón de plenos. No mesmo estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, a concelleira de Facenda, Réxime Interior e Recursos Humanos, Susana Guimarey, e a concelleira de Comercio e Turismo, Mercedes Caridad. Durante o acto, o rexedor agradeceu a “enorme implicación dos locais participantes, sen cuxo esforzo non tería sido posible asinar tal éxito de asistencia”.

O evento serviu, así mesmo, para facer entrega dos premios ao público participante, doados polas compañías colaboradoras nesta terceira edición