DANIEL GONZÁLEZ EIRÍS LEVA O 7º TORNEO DE XADREZ DE VERÁN EN CARRAL

O xogador do club Xiria de Carballo, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.

Gañardores do torneo de veránUn ano máis e dentro da programación municipal de verán, o Concello de Carral organizou o sábado 25 de agosto a 7ª edición do Torneo de Xadrez de Verán.

O torneo, que se disputou na biblioteca municipal, reuniu a 27 xogadores afeccionados a este deporte. Os participantes dividíronse en 4 categorías ( sub-10,  sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor das 16.30  h e constou de 6 roldas de 10  min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sexta e última partida rematou ás 19.40  h, tras a cal Daniel González  Eirís (Club Xiria de Carballo) proclamouse campión absoluto do torneo, xusto por diante de Francisco Amado Rodríguez (club Arteixo) e Julián do Río Rey (Betanzos). En canto á categoría  sub-14 o triunfador foi Mario Mañá Pedreira (do Arteixo e 8º na xeral). A segunda posición da categoría foi para  Artai Duarte (tamén do club Arteixo), e terceiro foi Martín  Maciel (do Sada). Por último, en canto á categoría  sub-10, o campión Daniel Méndez Rey (Club Arteixo). A segunda e terceira posición da categoría foi para  Iago Allegue (Sada- Club  Smyslov) e Mario Fernández (club Betanzos).

Ao rematar todos os encontros, a concelleira de Cultura, Margarita  Ramilo Varela, fixo entrega dos premios aos gañadores.

 

Cursos de natación. 

Por outra banda, o vindeiro venres 31 de agosto, a concellería de deportes de Carral clausurará os cursos de natación que levan impartindo ao longo do mes de agosto. Foron un total de 45 os nenos que aprenderon e/ou perfeccionado as súas habilidades no medio acuático durante este mes.

Os cursos organizáronse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo establecéronse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartíronse en horario de mañá, en dous grupos ( grp.1 de 12.00 a 12.45  h e  grp.2 de 13.00 a 13.45  h), por monitores especialistas na modalidade cunha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres

A entrega de medallas e diplomas a todos os  cursillistas correrá a cargo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira.