CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA 2, 3 E 4.

No DOG de hoxe 16 de xuño de 2016 publícase a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega 2, 3 e 4. ‪#‎Celga‬

Os cursos impartiranse en:
– Betanzos: Celga 4
– Carballo: Celga 4
– Cedeira: Celga 3
– Cee: Celga 2
– A Coruña: Celga 4
– Fene: Celga 3
– Oleiros: Celga 4
– Padrón: Celga 3
– Vimianzo: Celga 2

Máis información no servizo de Normalización Lingüística do Concello.