CULTURA ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Á CASA DE MANUEL MARÍA E AO ZOO DE MARCELLE

Cartel Excursión Casa Musei Manuel María Marcelle.A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza, dentro das súas actividades das Letras Galegas, unha excursión na que se visitará en Outeiro de Rei a Casa Museo de Manuel María e despois do xantar o parque zoolóxico de Marcelle. Realizarase o domingo 19 de xuño.

É unha actividade recomendada para gozar en familia e na que o prezo inclúe as entradas, o xantar e o desprazamento. O importe por persoa é de 30 euros. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse é ata o 13 de xuño.

Para obter máis información e formalizar a inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa da Cultura.