CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA 1, 2, 3 E 4

posted in: Novas Concello | 0

Diario Oficial de Galicia recolle a convocatoria para a obtención dos certificados de Lingua Galega, nos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4.

O prazo de presentación de matrícula estará aberto entre o martes, 7 de marzo, e o luns, día 27. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.