CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS CELGA

No DOG nº35 do 19 de febreiro de 2019 publicouse a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.

Os cursos que se ofrecen na provincia da Coruña son os seguintes:

Presenciais
.. A Coruña ………………. Celga 2
.. A Coruña ………………. Celga 3
.. A Coruña ………………. Celga 4
.. Ferrol ………………… Celga 2
.. Ferrol ………………… Celga 4
.. Santiago de Compostela ….. Celga 2
.. Santiago de Compostela ….. Celga 3
.. Santiago de Compostela ….. Celga 4

2 Teleformación
.. 3 cursos a nivel Galicia ……. Celga 1
.. 1 curso a nivel A Coruña ….. Celga 3
.. 3 cursos a nivel A Coruña … Celga 4

O prazo para a presentación de solicitudes é de vinte días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG desta resolución.

Para máis información poden dirixirse ao servizo de Normalización Lingüística do Concello.

AnuncioG0535-060219-0001_gl