CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA OS CERTIFICADOS DO CELGA

O Diario Oficial de Galicia recolle unha resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de matrícula é do 13 de febreiro ao 3 de marzo, e os cursos realizaranse do 20 de marzo ao 11 de maio, existindo na modalidade presencial e en liña. A súa duración é de 70 horas.

A matriculación pode realizarse a través da web.