CONVÓCASE A 25ª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O departamento de Cultura do Concello de Carral ven de lanzar a convocatoria dunha nova edición do seu certame de poesía, que está dotado con 3500 euros e a publicación do libro gañador en Edicións Espiral Maior.
Neste ano 2022 chégase ás 25 edicións, sendo un dos concursos de referencia no ámbito da poesía galega.
Esta edición do premio fixa un prazo para presentar exemplares aberto ata o 7 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.
O premio entregarase o 10 de xuño no mesmo acto de presentación da edición do libro gañador da vixésima cuarta edición do concurso, titulado Os puntos do impacto de Álex Mene.
Para ampliar información, as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, no correo electrónico cultura@carral.es ou a través da web www.carral.es.

Bases do XXV Premio de Poesía Concello de Carral