CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO EN CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O domingo 19 de febreiro celebramos o Entroido en Carral onde levaremos a cabo un concurso de disfraces, que repartirá premios nas diferentes categorías:

Concurso Individual

  • 1º premio – 150 euros
  • 2º premio – 100 euros
  • 3º premio – 50 euros

Concurso en Parellas

  • 1º premio – 150 euros
  • 2º premio – 100 euros
  • 3º premio – 50 euros

Concurso en Grupos

  • 1º premio – 500 euros
  • 2º premio – 300 euros
  • 3º premio – 200 euros

Ademais, tamén haberá un Concurso Infantil no que se premiarán os 5 mellores disfraces con agasallos.

Para participar, cubre o formulario editable e envíao a casadacultura@carral.es

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de febreiro ás 12:00 horas.

Máis información na Casa da Cultura ou no 981 672 580.