Día Mundial da Auga 2019
Publícase o anuncio do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de educadora social, a xornada completa, para o departamento de Servizos Sociais.
Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións.
No día de hoxe, 22 de febreiro de 2019, o sr. alcalde resolveu no decreto 79/2019 a relación definitiva dos candidatos/as admitidos/as e excluídos/as, o designación dos membros do tribunal e o lugar, o día e a hora da útlima fase do concurso (entrevista profesional).
No DOG nº35 do 19 de febreiro de 2019 publicouse a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Os cursos que se ofrecen na provincia da Coruña son os seguintes:
Presenciais
.. A Coruña ………………. Celga 2
.. A Coruña ………………. Celga 3
.. A Coruña ………………. Celga 4
.. Ferrol ………………… Celga 2
.. Ferrol ………………… Celga 4
.. Santiago de Compostela ….. Celga 2
.. Santiago de Compostela ….. Celga 3
.. Santiago de Compostela ….. Celga 4
2 Teleformación
.. 3 cursos a nivel Galicia ……. Celga 1
.. 1 curso a nivel A Coruña ….. Celga 3
.. 3 cursos a nivel A Coruña … Celga 4
O prazo para a presentación de solicitudes é de vinte días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG desta resolución.
Para máis información poden dirixirse ao servizo de Normalización Lingüística do Concello.
No día de hoxe, dezaoito de febreiro de dous mil dezanove, o Sr. alcalde deste Concello resolveu aprobar no decreto 73/2019 a relación provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais.
De acordo co punto 5 das bases outórgaselles aos interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica:
– DOG nº5 do martes 8 de xaneiro de 2019
Axudas para a prevención de danos causados polo lobo e o xabaril
Prazo: 1 mes
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
D. José Luis Fernández Mouriño, alcalde do Concello de Carral, por medio do presente escrito, fai saber:
O Instituto Enerxético de Galicia, publica:
– DOG nº6 do mércores 9 de xaneiro de 2018
Axudas a empresas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
Venres 1 de febreiro de 17:00 a 21:00 h e sábado 2 de febreiro de 10:00 a 14:00 h.
Prezo: 15 euros
Prazas: 20
Inscrición ata o 31 de xaneiro
Información e inscricións:
Departamento de Medio Ambiente (981670002)
maria.couto@carral.es