A bibliotec3a municipal da Casa da Cultura acollerá o vindeiro xoves 31 de marzo, ás 18:00 h, “OS CONTOS DO CHUPETE” de Migallas Teatro. É unha función para bebés (0 a 3 anos) incluída no programa “Ler conta moito”.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

As localidades para asistir a esta sesión de contos son limitadas. Será necesario retirar previamente un convite de balde na Casa da Cultura a partir do martes 29 de marzo.

O  equipo de investigación do castro das Travesas está a presentar algunhas novas conclusións . No blog castrodastravesas.wordpress.com, posto en marcha polo grupo investigador, ofrece información sobre as novidades das súas pescudas, que se realizan como actividade propia do museo do castro.

Isto ten dado como resultado a reaparición dun importante castro en Carral (Vista Real na parroquia de Cañás), relevante polas súas dimensións e por estar próximo a outro moi coñecido (castro de Ameás).  Constátase a relación do Camiño Inglés cos castros, o cal apunta a que esta vía puido ter tido unha orixe moi antiga. Analizando o treito entre Gosende (Carral) e Figueroa (Abegondo) constátase a relación dos castros co Camiño Inglés pola súa proximidade. Non é a primeira vez que se ten documentado esta asociación, que se ten verificado arqueoloxicamente nas proximidades do castro das Travesas, e que se repite no val do río Mero.Peza 6 - 1ª

Outra novidade publicada é a aplicación dos criterios de simetría e proporcionalidade na configuración do castro das Travesas. No blog, o equipo científico detalla estas conclusións.

Cabe lembrar que no pasado mes de setembro se fixeron as últimas intervencións nas Travesas, coa participación de voluntarios europeos, que tomaban parte no programa Working Holidays de Tesouros de Galicia e a británica International National Trusts Organisation.

A Colección Visitable do Castro das Travesas, que está na Casa da Cultura de Carral, ofrece ao visitante unha excelente interpretación do que supuxo este castro, un dos máis grandes da provincia. Ademais son visitables os castros das Travesas e de Tabeaio. No devandito blog ofrécese completa información sobre como chegar, os horarios da sala expositiva ou como poder solicitar unha visita organizada.

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Carral. organiza un curso de monitor/a de tempo libre.

Este curso homologado pola Xunta, que impartirá a Escola de Tempo Libre Aldebarán, desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño, todos os sábados de 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 21:00, así coma os domingos de 9:00 a 14:00 h.

O curso consta de 200 horas teórico-prácticas, que se impartirán no centro de formación Antón Fráguas e 150 h. prácticas. Ademais farase unha saída de 10 horas, e unha acampada de 20 horas.

O prezo do curso é de 215 euros, as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 28 de marzo.

Para poder realizar o curso, é necesario ter cumpridos 18 anos e estar en posesión do titulo de Graduado Escolar, de Graduado en Educación Secundaria, ou Técnico Auxiliar en Formación Profesional.

Para ter mais información ou para facer a inscrición débese pasar pola Casa da Cultura ou chamar ó 981.67.25.80.

 

Cartel

Desde a Concellería de Cultura organízanse dúas viaxes para o mes de abril. A primeira terá lugar o 9 de abril, visitando a feira de Vila Nova da Cerveira e a cidade de Pontevedra.Campo de Criptana_Ciudad REal É unha excursión dirixida especialmente aos pensionistas aínda que poden inscribirse persoas de todas as idades. Para esta viaxe as persoas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de abril.

O prezo desta viaxe é de 20 euros para os socios do centro da 3ª Idade e 28 euros para as restantes persoas.

Por outra banda e cun carácter cultural e dirixida a todas idades, organízase unha viaxe pola Mancha facendo a Ruta do Quixote e visitando localidades como Ciudad Real, Almagro e o Campo de Criptana entre outras. Para esta viaxe as prazas son limitadas e o prazo para inscribirse manterase aberto ata o 20 de abril e o seu prezo é de 185 euros con todos os gastos incluídos.

Para obter máis información ou formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

 

O Instituto Galego de Vivenda e Solo a través de Xestur, e o Concello de Carral organizan unha charla informativa sobre as subvencións para vivendas nas parroquias polas que transcorre o Camiño Inglés de Santiago. As parroquias beneficiarias son Tabeaio, Sergude, Cañás e Beira.

A charla terá lugar no local social de Sergude o martes 15 de marzo, ás 17:00 h. Na mesma ofrecerase completa información das axudas que se poden solicitar para a rehabilitación e mellora de vivendas nestas localidades.

O xoves 25 de fquerida ovella negraebreiro, na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura), a compañía do Trinketrinke presentará a obra “Querida ovella negra”.

Nesta ocasión, a gran Lily Gruyère vai contar a historia dunha ovella que non fai o que quere senón o que ve facer ós demais..

Será o xoves, ás 18:00 h na Biblioteca Municipal. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos.

 

Foto vertical 'La Casa del Abuelo'webA Concellería de Cultura presenta en Tabeaio á compañía de monicreques Tanxarina representando “A casa do avó”, un espectáculo distinguido como mellor obra infantil do 2015 nos Premios María Casares de Teatro.

Roberto, protagonista da obra, recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

A entrada é de balde, A función terá lugar o sábado 20 de febreiro no local Xente Nova; comezará ás 18:00 h e abriranse as portas ao público dez minutos antes. Prégase puntualidade para evitar molestias aos espectadores.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral fará entrega de libros ao colexio Vicente Otero e ao Instituto de Carral.libros-centros-escolares

Por unha banda distribuiranse entre o alumnado de primaria 200 exemplares da obra de Xosé Neira Vilas “Espantallo amigo”. A finais do mes de abril poderán gozar da obra teatral inspirada neste conto a cargo da compañía Os Quinquilláns.

A biblioteca do colexio Vicente Otero Valcárcel recibirá tamén un lote de libros de Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Pola súa banda o IES de Carral recibirá tamén un lote de libros de Manuel María, co que o alumnado poderá profundar máis na vida e obra do autor chairego e que mantivo unha estreita relación con Carral.

 

Portada artigo Pazo de Vilasuso A Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de publicar na web municipal carral.es un extenso artigo sobre o pazo de Vilasuso, no que se aborda a liñaxe relacionada con esta casa, detalles biográficos dos personaxes de maior importancia histórica e aspectos arquitectónicos do edificio.

O artigo, do que son autores Guillermo Gutiérrez Gil e o técnico municipal de Cultura, Carlos Lorenzo Pérez, é resultado dun convenio entre o Concello de Carral e a Universidade de Santiago de Compostela, co que se posibilita que alumnos da Facultade de Historia realicen prácticas no departamento municipal de Cultura. Tamén é resultado deste convenio a Guía de Cruceiros de Carral e unha futura publicación, xa en desenvolvemento, sobre Francisco Tettamancy.

O pazo de Vilasuso, no val de Barcia, acolleu unha das máis influíntes liñaxes mantendo sempre un estreito vencello coas fermosas terras de Carral. Existen documentos que vinculan xa no ano 1598 ao Capitán Gómez García de Varela, antepasado dos actuais donos, co lugar onde hoxe está o pazo. Desde os Santiso, que lle deron forma ao pazo no século XVIII, ata os Sangro que aínda hoxe residen en Vilasuso, a liñaxe foise misturando con outras importantes familias de dentro e fóra de Galicia, con varios protagonistas que escribiron páxinas salientables da historia española e galega. Entre os residentes en Vilasuso pódese destacar a Francisco Bermúdez de Sangro, que foi un dos asinantes da Constitución de Cádiz, Melchor Sangro Rueda, con importantes responsabilidades no ámbito político español, ou Pedro Sangro y Ros de Olano, que foi ministro de Traballo e considerado como un dos primeiros sociólogos de España.

Para ler ou descargar este artigo hai que acceder ao apartado de Publicacións, na súa sección de Libros da web municipal ou premendo aquí.

A compañía Trinketrinke e os seus ratos da biblioteca estarán de novo na Biblioteca Pública Municipal para achegarnos as súas historias.

Nesta ocasión, o protagonista do conto será un caracol namorado ao que lle gusta a poesía.

A actividade será o vindeiro xoves 28 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).CARTELCARACOLNAMORADO