Para esta 5ª edición son xa máis de 50 os inscritos nesta proba ciclista de verán. Read more

O pasado venres clausuráronse os cursos do mes de xullo nos que participaron 107 nenos. Read more

Aquí vos deixamos os listados dos cursos de natación para o mes de agosto e unhas consideracións para os alumn@s.
¡¡¡Comezamos o luns 1 de agosto!!!!

 

Indicacións Listados Grupos natación. Agosto 2016

O Concello de Carral abre o prazo para que todos aqueles que o desexen, ademais das persoas remitidas polo SPEG, presenten a documentación relacionada nas bases que se achegan a continuación para a futura contratación dun oficial de primeira, un oficial de segunda e un peón (albaneis) ata o 31 de decembro de 2016 (a xornada completa) ao abeiro do Programa de Integración Laboral (PIL) da Excma. Deputación da Coruña.
Para tomar parte na selección será preciso reunir os requisitos recollidos no punto 2 das bases.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 8 de agosto, incluído.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello ou chamar ao 981670002.

bases

Este ano, desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organizamos unha segunda excursión ó Aquapark de Cerceda. Debido a gran demanda que tivemos para a primeira excursión que organizamos ó Aquapark, o vindeiro día 3 voltamos.

E coma na anterior, poderán ir nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, ó mesmo lugar ás 19:30 h. O prezo segue sendo de 8 €.
Se estás interesado/a o prazo de inscrición estará aberto entre o 18 e o 26 de xuño., e as prazas son limitadas.

As recomendacións que vos damos para acudir ó parque acuático coa OMIX son, levar protección solar, gorra e chancletas. Recorda que tes que levar a comida.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura.

Cartel (imaxe)

Manolo CoutoO cantante galego Manolo Couto ofrecerá un concerto presentación do seu cuarto disco “Tesoros ocultos” o sábado 16 de xullo, ás 21:00 h, no edificio social Toñito Espiñeira.

A entrada é libre e os asistentes poderán levar o disco dedicado.

Manolo Couto leva desde o ano 1975 no mundo musical como membro de diversas orquestras.  Nos últimos anos centra a súa carreira, ademais de ofrecer concertos, na composición de cancións.

El_ladr_n_de_palabras-671580645-largeNa noite do venres 8 de xullo, o cine ao aire libre chega a Quembre coa película El ladrón de palabras. Esta é unha proxección incluída na programación de cine da Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Deputación da Coruña.

A película proxectarase ás 23:00 h. na pista deportiva do centro social de Quembre.

El ladrón de palabras trata da historia dun escritor fracasado que ten a fortuna de atopar un manuscrito. Publícao como seu e obtén un éxito espectacular que o converte nun dos mellores escritores do seu tempo. O autor do manuscrito resulta ser un ancián que o escribiu durante a súa mocidade, cando estivo destinado en París tras a Segunda Guerra Mundial.

O programa de cine ao aire libre continuará en Cañás o 25 de agosto e en Carral o 5 de setembro.


Os resultado deportivos desta fin de semana quedan da seguinte forma:

MOTOR:post_carballorfeda_aresracing_2
Os dous pilotos do Ares Racing, subiron o podio no AutoCross de Carballo esta fin de semana. Iván Ares gañou a proba seguido de Juan José Moll e Antón Muíños, que foi terceiro. Este resultado permite a Antón continuar na loita polo Campionato de España da modalidade, no que está a só 9 puntos da cabeza. Clickade aquí para ver a nova: http://www.ivanares.com/…/300-victoria-para-ares-podium-par…

 

 

 

TIRO OLÍMPICO:SONY DSC

Esta fin de semana, os tiradores do Club De Tiro Olímpico Carral competiron no XVIII Tirada de Pistola Estándar, torneo de carácter nacional organizado polo Club de Tiro Costa Lucense (Xove-Lugo), onde Miguel Iglesias Mosquera acadou a 3ª posición na categoría sénior e José Manuel Álvarez quedou 2º na de veteranos.

 

 

 

 

 

FÚTBOL:13529076_659395864215996_8798677282460026204_n
Este sábado tivo lugar a clausura da tempada 2015/2016 das escolas de fútbol da Unión Deportiva Carral. Aquí vos deixa máis información: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9

Aquí vos deixams os listados dos cursos de natación para o mes de xullo e unhas consideracións para os alumn@s.
¡¡¡¡Comezamos o luns 4 de xullo!!!!

 

Publicación dos listados natación. Xullo_Página_1Publicación dos listados natación. Xullo_Página_213568908_1764713510435635_8296290664094591716_o

O pasado día 28 de xuño un grupo de 50 nenos e nenas de Carral, pasaron un diferente e divertido día no Aquapark do veciño concello de Cerceda, a pesar de que o día non foi todo o bo que nos houbese gustado, os/as particpantes pasárono en grande nesta excursión organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil).
O kamikaze, o multipistas, a “uve”, a piscina de olas ou incluso o jacuzzi, foron algunhas das atraccións das que os máis novos poideron gozar ao longo de todo o día.
Esta actividade é unha das que máis aceptación ten por parte dos nenos e nenas de Carral, polo que ben seguro seguirase organizando en mais ocasións.