Cartaz Martín Camiña CarralO edificio social Toñito Espiñeira acollerá este sábado o espectáculo “Momentos de asombro”, a cargo de Martín Camiña.

“Momentos de asombro” é un espectáculo de maxia, humor e participación dos espectadores,

composto en “clave de fa”: fabuloso, fascinante e fantástico. Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.

A función, que vai destiñada para un público familiar, comezará ás 18:30 h, e a entrada é de balde. A Concellería de Cultura, organizadora do espectáculo, prega puntualidade aos asistentes para non entorpecer a función.

 

Este Nadal desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organizamos varias actividades para nenos e nenas de diferentes idades do noso concello. Así, xa antes do Nadal, preparamos un obradoiro de postais navideñas, na que os nenos e nenas de entre 3 e 10 anos diseñaron e fixeron as postais coas que felicitaron aos familiares e amigos nestas datas.
Outra das actividades foi a excursión a Silleda Park, un parque de atraccións montado no recinto feiral de Silleda, e onde os rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos aproveitaron toda a tarde para montar nas diferentes atraccións que se instalaron neste recinto.

IMG_20170104_171751

IMG_20170104_151803

IMG_20161223_111006

IMG_20161223_110955

IMG_20161223_110531

O alcalde de Carral presentou esta mañá as bases da vixésima edición do premio poético “Concello de Carral”.

José Luis Fernández Mouriño, acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou na Casa da Cultura unha nova edición do certame poético, que continúa co obxectivo de contribuír ao descubrimento e consolidación dos autores en lingua galega.

O alcalde salientoActo presentación Premio Poesía Carral 2017 - 19-webu a colaboración que ofrece a Consellería de Cultura e Educación, a través das súas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, que serve para que a Editorial Espiral Maior publique na súa colección de poesía o libro Devalar sen pel de Modesto Fraga que obtivo o premio na pasada edición. O libro presentarase no acto de entrega do premio deste ano, previsto para o 26 de maio.

Fernández Mouriño resaltou os 20 anos de traxectoria que leva acumulado o concurso. Co gallo destes aniversario, o alcalde anunciou que ademais do concurso, estase a filmar un documental que repasará as dúas décadas de vida do certame, e que servirá para repasar o que ten acontecido na poesía galega neste período. Presentou tamén outras actividades relacionadas coa poesía que se desenvolverán nos centros de ensino e que servirán para espallar a poesía polas rúas de Carral.

Pola súa banda Anxo Lorenzo resaltou tamén a traxectoria, xa extensa, deste premio e salientou o valor que ten para apoiar á escrita lírica galega. Salientou que o certame de Carral é dos que maior prestixio lles está a outorgar aos escritores e escritoras que o están a gañar, servindo para uns como o certame que abre as portas a unha nova carreira literaria, e para outros supón a consolidación da súa traxectoria poética. O secretario xeral tamén quixo incidir na importancia de que Edicións Espiral Maior acolla desde os inicios do certame, a publicación dos libros gañadores na súa colección de poesía, a máis importante do xénero. Que os libros premiados en Carral formen parte desta colección é un importante valor que ten este concurso.

A nova edición do certame contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 8 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 26 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da décima novena edición do concurso, titulado Devalar sen pel, do que é autor Modesto Fraga.

Bases XX Concurso de Poesía Concello de Carral

O vindeiro venres 30 de decembro Tabeaio recibe a Cándido Pazó para a representación de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Esta función fora suspendida aCartaz Memorias 30 decembro Carralprincipios de mes por indisposición do protagonista da obra.

A obra presentarase no local Xente Nova ás 21:00 h. A entrada é de balde e as localidades limitadas.

Este espectáculo foi estreado no ano 2011 celebrando o 50 aniversario da primeira publicación en Buenos Aires de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido, publicado e traducido da literatura galega, leva acumuladas unhas 200 funcións por Galicia e diversas localidades de Europa e América.

Memorias dun neno labrego é un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como conteiro e monologuista. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Mistura textos da obra de Neira Vilas con materiais da tradición oral e a memoria colectiva, combinando humor e emoción, evocación e anécdota, elaboración e improvisación.

Con esta obra teatral a Concellería de Cultura pecha a súa programación do ano 2016, na que houbo un total de máis de 60 actividades ou eventos.

A Concellería de Deportes de Carral prepara para o sábado 14 de xaneiro a 16ª edición da viaxe á pista de xeo, este ano no Paseo Marítimo (xunto ao dique de abrigo).   Read more

Cartel 2016 Nadal Infantil.Os filmes Cenicienta e Campanilla y la leyenda de la bestia compoñen o ciclo de cine familiar que a concellería de Cultura ofrece esta semana na Casa da Cultura. O mércores 28 de decembro proxéctase Cenicienta, o clásico conto, dirixido nesta ocasión por Kenneth Branagh e protagonizado por Lily James. O xoves 29 preséntase Campanilla y la leyenda de la bestia, outra produción de Disney que narra as aventuras dun grupo de fadas e a súa relación cun enigmático animal ao que chaman NeverBeast.

Todas as sesións comezarán ás 17:30 h. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.

Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañadas dalgún adulto. En calquera caso, a concellería de Cultura recomenda que as películas sexan desfrutadas en familia co fin de axudarlle aos máis pequenos á comprensión da temática e dos valores que transmiten os filmes, ademais de gozar da cultura en familia.

O Orchestra Mondragón levantou o trofeo de campión nun vibrante encontro contra O Garaxe, unha das sorpresas do torneo. Read more