El puente de los espías é a próxima película que se proxectará no ciclo de Cine de Inverno que acolle a Casa da Cultura. A proxección terá lugar este venres 11 de marzo ás 20:30 El_puente_de_los_esp_as-783529998-largeh. A entrada é de balde.

A fita, dirixida por Steven Spielberg, narra o que lle acontece a James Donovan (Tom Hanks), un avogado de Brooklyn (Nova York) que se ve inesperadamente involucrado na Guerra Fría entre o seu país e a URSS, cando a CIA lle encarga unha difícil misión: ir a Berlín para negociar un intercambio de prisioneiros e conseguir a liberación dun piloto norteamericano.

A partir do luns 13 de febreiro, a biblioteca infantil  amplia o seu horario.

O novo horario será de luns a xoves de 16:30 a 19:00 horas, engadindo un día máis ós habituais de apertura.

Cartel 16º ciclo cine.A Casa da Cultura volve acoller un novo ciclo de cine con seis proxeccións. O programa ábrese con Star Wars: el despertar de la fuerza, que se proxectará  o venres 3 de marzo, ás 20:30 h.

As restantes películas deste ciclo son El libro de la selva (sábado 4 de marzo, 17:30 h.), El puente de los espías (venres 10 de marzo, 20:30 h), La Cumbre escarlata (venres 17 de marzo, 20:30 h), Spotlight (venres 24 de marzo, 20:30 h) e El Renacido (venres 31 de marzo, 20:30 h).

As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.

Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañados dalgún adulto. En calquera caso, a concellería de Cultura recomenda que as películas aptas para todos os públicos sexan desfrutadas en familia co fin de axudarlle aos máis pequenos á comprensión da temática e dos valores que transmiten os filmes, ademais de gozar da cultura en familia.

 

asaúdeafectivaO próximo xoves, 23 de febreiro, na Biblioteca Pública Municipal,  Trinketrinke teatro presentará unha nova sesión de contacontos: “ A saúde afectiva”.

Nesta ocasión os ratiños de Lonxedetodo ensinarán ós rapaces o importante que é ser boa persoa, e ter unha relación satisfactoria con todos os que nos rodean.

Os contos escollidos para esta actividade son: “Mi vecina está enamorada” de Réjis Lejonc e “Yo” de Philip Waechter.

Será ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal.

Entrada libre.

Pregamos puntualidade.

Dende a Biblioteca Municipal estase a organizar un club de lectura para todos os amantes dos libros e con gañas de compartir as súas vivencias literarias.Cartel - Club de Lectura 2017.

Os clubs de lectura presenciais consisten en grupos de persoas que se reúnen periodicamente para valorar e comentar libros que previamente foron escollidos coa axuda dun coordinador do club.

Para participar, so é necesario amar a lectura e ter interese en compartir opinións e puntos de vista. Os libros recomendados proporciónaos a propia biblioteca.

As xuntanzas serán en principio os mércores, cada dúas semanas en horario de 19:00 a 20:30 horas, e a inscrición está aberta para todos os lectores maiores de 15 anos.

Os interesados poderán anotarse na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981 672 580. A data de comezo será o vindeiro 8 de marzo.

O proxecto «EVS Carral: Enjoy Volunteering!» acaba de ser aprobado pola Axencia Nacional Española do Programa Erasmus+: Xuventude en Acción (Instituto da Xuventude – Injuve), despois de que o Concello de Carral recibise o ano pasado a acreditación como organización de envío, acollida e coordinadora de proxectos para a xuventude dentro do Servizo de Voluntariado Europeo.

«EVS Carral: Enjoy Volunteering!» é un proxecto europeo cofinanciado polo programa ERASMUS+ 2014-2020, que ten como principal obxectivo ofrecer á xente nova de Carral e doutro país da Unión Europea, neste caso Italia, unha oportunidade de mobilidade que mellore as súas competencias pre-laborais – como iniciativa, creatividade, responsabilidade, traballo en equipo, comunicación ou competencias lingüísticas – a través da aprendizaxe non formal e informal, e que poña á vez en práctica determinados valores – como a solidariedade, a cooperación, a empatía ou a creación de redes— o coñecemento doutros ambientes de traballo e a adquisición de competencias técnicas. Trátase dunha experiencia de participación activa na vida das administracións e na vida destas comunidades locais de acollida, que se pretende que reverta positivamente nelas e fomente o voluntariado local e europeo.

Imaxe nova 1 páx web

O tempo de voluntariado do proxecto «EVS Carral: Enjoy Volunteering!», financiado totalmente polo programa ERASMUS+, ten unha duración de 6 meses. Está promovido polo Concello de Carral en colaboración con outro municipio europeo, o de Prato (Toscana, Italia). Así un mozo ou moza de Carral realizará o Servicio de Voluntariado Europeo nesta rexión italiana, entre abril e outubro, e dous mozos ou mozas italianos/as no noso concello entre marzo e agosto.

Se tes entre 18 e 30 anos, e estas interesado en realizar o Servizo de Voluntariado Europeo no país italiano infórmate na OMIX. No proceso de selección darase prioridade a aqueles mozos e mozas que formen parte de colectivos en risco de exclusión social, ou ben que estean en situación de inactividade e que posúan menos oportunidades para acceder á formación ou ao mundo laboral.

Se precisas máis información podes pasarte pola OMIX (1º andar da Casa da Cultura) ou chamar ó teléfono 981.672.580

O sorteo terá lugar mañá mércores ás 9.30 h no salón de Plenos Municipal Read more

Estase a elaborar un estudo sobre cuestións que afectan ao patrimonio cultural, e precísase que a cidadanía colabore cubrindo unha breve enquisa. O estudo atinxe aos seguintes municipios: A Coruña, Abegondo, Ares, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cabanas, Cambre, Carral, Culleredo, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Paderne, Pontedeume, Sada, San Sadurniño ou Valdoviño.

Pregamos que se colabore para que os resultados do estudo se axusten o máximo posible á realidade.

Enquisa

 

Continuando coa programación de contacontos, o próximo xoves 26 de xaneiro na Biblioteca Pública Municipal, os ratiños de Trinketrinke Teatro presentarán a obra “ Os ratiños daOs ratiños da caixa - Carral - WEB caixa”.

O Rato Fuco trae á biblioteca nunha caixa os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e tenos que coidar, pero non é doado!.

Os contos escollidos nesta ocasión son: Contos de ratiños de  Arnold Lobel (Kalandraka, 1999) e Sopa de rato de Arnold Lobel (Kalandraka, 2004).

Será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) ás 18:00 horas. Entrada libre.