O Concello de Carral publica toda a información relativa aos gañadores do concurso Tapeando Carral:

  • Premio do xurado popular á tapa crocante de meixela do Bar Tropezón
  • Premio do xurado profesional á tapa Lambereteiro do establecemento Do Pincho
  • Premios ao público participante: primeiro premio para Cintia Natalia A.; segundo premio para Yaiza G. C.; terceiro premio para José Antonio G. B.

INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL

LISTAXE DE ADMITIDOS


DATAS
: do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.

HORARIOS: (luns a venres, excepto festivos) 

      1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
      2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non            podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente                          comunicadas.
      3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *

*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.

LUGAR

Recinto escolar e pavillón do Colexio Vicente Otero Valcárcel.

DESTINATARIOS:

Para nenos/as nados do 2013 ao 2020.

PREZO: 35 € (prezo indivisible / campamento completo)

OBSERVACIÓNS NA INSCRICIÓN:

      1. Prazo entre o 12 (09:00 h) e o 19  de decembro (14:00 h).

      2. Prazas limitadas (60). 

      3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 

                – Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
                – Preferencia aos empadroados/as.

      4. Publicación das listaxes:

                –  20 de decembro (pago do 20 ao 22 de decembro)

Máis info na Casa da Cultura (981.67.25.80) ou en casadacultura@carral.es

Carral continúa impulsando medidas para promover a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, para ofrecer propostas de lecer en datas sinaladas. Proba deste compromiso será a organización dos campamentos de Nadal. Por unha banda, haberá unha oferta específica para os nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2020. Pola outra, o Concello levará a cabo tamén un programa para os rapaces e rapazas nados entre o 2008 e o 2012.

O edil de Deportes e Xuventude, Francisco Bello, sinala a importancia de manter este tipo de iniciativas, coas que se busca “ofrecer alternativas de conciliación ás familias e garantir, no caso dos mozos e mozas, que haxa actividades de lecer que sexan do seu interese durante os períodos non lectivos”.  

Para os máis pequenos Os campamentos para os nenos e nenas levaranse a cabo de luns a venres, de 7.30 a 16.30 horas, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro (agás nos días festivos). Entre as 7.30 e as 10.00 horas terá lugar o programa Madrugadores, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, serán as actividades do campamento e, por último, entre as 14.00 e as 16.30 horas é o tempo de xantar. As propostas de lecer consistirán na realización de actividades multideportivas, socioculturais e da práctica de deportes de inverno.

Propostas para os mozos

No caso dos maiores, as actividades terán lugar a cabo nas mesmas datas (do 22 ao 5 de xaneiro, agás nos festivos) e en horario de 10.00 a 14.00 horas. Estas desenvolveranse no Local Interxeracional de Carral, incluíndo propostas de tipo deportivo e tamén obradoiros e manualidades.

Prazo de inscrición

O prazo de solicitude estará aberto ata o martes, 19 de decembro, ás 14.00 horas. As inscricións poderán tramitarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do Concello ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura.

Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.

Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).

Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.

Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.

Form. web
B. inscrición

En cumprimento das bases reguladoras da “Campaña de Neve 2024” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o MARTES 5 DE DECEMBRO, ÁS 10.00 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 6 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.

Aquí podedes consultar as bases do sorteo

O Concello continúa a trabllar no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súass compras nos negocios adheridos.  

A iniciativa estará en funcionamiento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024. Durante esos días, as personas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 30.000 rascas entre os que se encontrarán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100. O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa cuantía correspondente.

Carral celebrará hoxe, xoves 30 de novembro, ás 20.00 horas un pleno ordinario. Entre os puntos, o goberno local propoñerá a aprobación inicial da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello, unha iniciativa coa que o equipo de goberno busca “simplificar e axilizar a relación entre a cidadanía e a Administración local”. Con todo, este documento servirá tamén para facilitar a tramitación con outros organismos públicos, con sociedades mercantís e entidades privadas e cos adxudicatarios dos contratos de xestión de servizos públicos municipais.

Tal e como recolle a ordenanza, o Concello deberá garantir o acceso da cidadanía aos servizos electrónicos. Algo que se cumprirá coa posta en marcha de, polo menos, os seguintes medios: oficinas de atención presencial, puntos de acceso xeral electrónico aos distintos órganos do Concello e servizos de atención telefónica.

O documento está dividido en varios apartados nos que se especifican puntos como o procedemento administrativo electrónico, a sede, a identificación e firma, a difusión e acceso da información administrativa a través de medios electrónicos, o rexistro e as normas sobre organización.

Axente de emprego ADL

A maiores, o equipo de goberno elevará o ditame de ratificación da solicitude conxunta para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local. Grazas a un convenio subscrito cos Concellos de Oza-Cesuras e Coirós, Carral conta, desde o ano 2021, con esta figura. Con esta medida, o goberno busca seguir reforzando as áreas de emprego e promoción económica.

O traballador desempeña, entre outras, as seguintes funcións: promoción do emprendemento, asesoramento na posta en marcha de proxectos de empresa, apoio na xestión empresarial, difusión das diferentes formas de financiamento e subvencións existentes, identificación no territorio de novas oportunidades de negocio e emprego e, ademais, promoción e implantación de políticas activas de traballo.

O Concello lanza unha nova edición do seu concurso Tapeando Carral, unha iniciativa coa que o goberno local busca un claro obxectivo: impulsar o consumo no tecido hostaleiro e dar a coñecer a ampla oferta do municipio. A iniciativa levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10, e contará coa participación de 12 locais que farán as delicias do público asistente.

O goberno local confía en que o certame acade unhas cifras de participación similares ás das edicións anteriores: “esperamos que haxa a mesma afluencia que nos últimos anos e que a medida sexa, unha vez máis, un revulsivo para promover o consumo nos establecementos, dándolle así máis vida ao pobo”.

Nesta ocasión, o certame municipal contará coa participación dos seguintes negocios: Boca Grande, Pizzería Centro, Bar Tropezón, Bar Adolfo, Vinoteca A Taberna XXI, Dopincho, Bodega O Alprende, Solpor, Bar Roel, O Lareiras, A Parola e Costa da Egoa.

O concurso levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10. O mércores, as elaboracións dos participantes poderán degustarse desde as 12.30 horas e o domingo, estarán dispoñibles só ata as 15.30 horas. O resto de días, o público poderá probar as receitas entre as 12.30 e as 15.30 horas e as 20.00 e as 23.00 horas.

Como en anteriores edicións, haberá premios tanto para os locais participantes como para os propios comensais. Por unha banda, os establecementos poderán optar ao premio á Tapa Máis Popular (elixida polos propios clientes) e ao de Mellor Tapa (neste caso, será un xurado profesional o que outorgue o galardón). Pola outra, unha vez que o cliente acade un número mínimo de selos diferentes terá a posibilidade de facerse tamén con agasallos e recompensas. Neste caso, a persoa terá que cumprir o cupón cos diferentes selos e depositalo nas furnas que estarán situadas nos negocios. O sorteo terá lugar o venres, 15 de decembro, a partir das 9.00 horas.

O concurso realízase en colaboración coas empresas Estrella Galicia, Exclusivas Rivas Suarez, Petroni, Eladio Otero e Azpilicueta.

Neste 25N, Carral cambiará o silencio polas palabras. O Concello conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha lectura do manifesto do 25N por parte do alcalde de Carral, Javier Gestal, e cunha cacerolada. Un ano máis, contarase coa participación do alumnado do IES de Carral e do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel.

O acto terá lugar o venres, 24 de novembro, desde as 11.30 horas no Concello. Ao concluír, levarase a cabo a inauguración do banco da igualdade. Trátase dun elemento de cor violeta que simbolizará o rexeitamento de todo o Concello fronte á violencia machista. En total, o Concello disporá de catro bancos destas características que se repartirán en varios puntos do termo municipal. Así mesmo, o panteón iluminarase tamén con motivo desta xornada.

Carral está a participar na VI edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na música e nas artes, Elas Son Artistas. Desde as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a apostar por realizar estas actividades en colaboración co IES de Carral.

En plena celebración do vinte aniversario da súa carreira, a cantante e compositora, Silvia Penide, está a impartir un obradoiro de creación de cancións nas propias instalacións do centro educativo. Con esta actividade preténdese incentivar a creatividade e dotar ás persoas asistentes de ferramentas para crear cancións e textos, mesmo sen saber música dun xeito regrado. 

Como peche do obradoiro, o vindeiro día 20 de novembro, todo o alumnado do centro recibirá a visita doutra artista galega, Leticia Rey. Acompañada do pianista, Iago Mouriño, a cantautora conversará co alumnado sobre o seu proceso creativo e ofrecerá unha actuación musical na que tamén estará Slivia Penide e poderán escoitarse as cancións creadas durante as sesións do obradoiro.

Desde a organización de Elas Son Artistas sinalan que este tipo de actividades diferentes encaixan na filosofía do ciclo, xa que un dos obxectivos e achegar a arte á xente nova e darlle a oportunidade de estar preto de mulleres referentes neste caso no ámbito da música.

As persoas que estean no taller entrarán a participar no sorteo de entradas para o concerto de Alice Wonder no Teatro Colón, o acto co que se pechará esta sexta edición deste ciclo pola igualdade, nun mes no que a loita contra a violencia machista está moi presente e resulta máis necesaria que nunca.